
Esta sétima edición pon o foco nas desigualdades en tempos da covid-19. As máis de 200 persoas inscritas analizarán durante dous dÃas o impacto da actual crise sanitaria, social e económica en ámbitos como a violencia de xénero, a traxectoria investigadora das mulleres e a docencia universitaria con perspectiva de xénero. Estes son os tres eixos fundamentais arredor dos que se van presentar 60 comunicacións entre hoxe xoves e mañá venres co obxectivo de “seguir incorporando a mirada feminista ao noso coñecemento e saber cientÃfico, e asà impulsar a aplicación da transversalidade de xénero como un criterio de calidade académica, intercambiar experiencias entre o persoal docente e investigador e promover a creación de redes de colaboración multidisciplinares para integrar a perspectiva de xénero na actividade universitaria”, explican as organizadoras.
A pandemia, un paso atrás no camiño da igualdade
No acto de apertura, os tres reitores galegos e secretaria xeral da Igualdade fixeron fincapé na importancia deste tipo de eventos para analizar, compartir, debater e avanzar na procura dunha igualdade real de xénero. Unha igualdade que, todos coincidiron, está máis lonxe do que estaba antes da pandemia da covid-19. “Estamos”, recoñecÃa o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, “máis lonxe da igualdade real, que non existirá nos vindeiros 20 ou 30 anos” e, por este motivo, os tres reitores reclamaron seguir traballando para “dar pasos adiante e, sobre todo, para non dar pasos atrás”, en palabras do reitor da UdC, Julio Abalde. E é que todos os indicadores, como recoñecÃa a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, amosan un retroceso importante no eido da igualdade, por exemplo, no que se refire á fenda de coidados que se incrementou co teletraballo. Abella tamén se referiu a varios estudos que amosan como a violencia de xénero se incrementou durante o confinamento, asà como a demanda de prostitución e trata de brancas.
Ante esta situación, os tres reitores reafirmaron a aposta “clara e decidida pola igualdade” das universidades porque “non hai equidistancias nin matices, ou somos feministas radicais ou non estamos optando pola igualdade efectiva e real”, recalcaba o reitor da USC, Antonio López. Neste sentido, Reigosa lembraba o papel das institucións académicas como “faro que alumee o mundo a través das investigacións en xénero” pero tamén facendo que “a xente que pasa polas nosas aulas leve este mensaxe á sociedade, que leva impresa esa loita pola igualdade”.
A fenda de xénero dixital non é universal
A conferencia inaugural das xornadas correu a cargo da investigadora Capitolina DÃaz, experta en socioloxÃa de xénero da Universitat de València e moi ligada á creación das unidades de igualdade das universidades galegas. A súa intervención centrouse na fenda de xénero que existe nas titulacións tecnolóxicas, en concreto nas ciencias da computación. DÃaz remarcou na súa intervención que esa fenda “non é universal nin é permanente” e repasou varios exemplos de paÃses e universidades nas que as mulleres non están infrarrepresentadas nas carreiras Steam. Avanzaba a experta que a maiorÃa deles poden ser percibidos como paradoxos, xa que non son precisamente paÃses que se caractericen pola igualdade entre homes e mulleres. De feito, segundo un estudo presentado pola Unesco en febreiro deste ano, son os estados árabes os que contan con maior número de mulleres tituladas en enxeñarÃa. En particular, en Alxeria representan o 48,5% dos egresados; en Siria o 43,9%; en Tunisia o 44,2% e só algúns paÃses de América Latina chegan a cifras similares, como Perú (47,5%), Uruguai (445,9%) e Cuba (41,7%). Atendendo concretamente á enxeñarÃa informática, en Arabia Saudà as mulleres representan o 59% dos titulados; en Malaisia arredor do 50% e na India as mulleres son o 49%, 65% e o 50% do alumnado dos graos, mestrados e doutoramento en informática, respectivamente. “Isto demostra que a idea que temos de que as mulleres e a informática son como a auga e o aceite non é asÔ.
Con todo, a investigadora quixo puntualizar que en nalgúns destes paÃses a presenza das mulleres nas titulacións STEAM non se traslada ao mercado laboral, xa que boa parte delas non chegan a exercer. AsÃ, a elección dos estudos non está ligada ao emprego, “estudan sen presión social, elixen os que lles gusta porque non se espera que traballen”. Este é o caso de Arabia SaudÃ, pero non o de India ou Malaisia, onde as tituladas si que exercen a súa profesión.
Fronte a estes escenario está o “paradoxo nórdico”, paÃses cun alto nivel de igualdade pero cunha porcentaxe baixa de mulleres en enxeñarÃa informática. Explicaba DÃaz que “as mozas occidentais asumen que viven nunha sociedade igualitaria e a elección dos estudos é persoal, buscan traballos nos que ser elas mesmas, non senten que teñan nada que demostrar”, como sucedÃa coas xeracións anteriores, “que tivemos que demostrar que eramos tan capaces e competentes coma eles”.
Tres eixos temáticos
Tras a conferencia inaugural as xornadas arrancaron co bloque centrado no impacto da covid-19 na traxectoria de investigación da mulleres, no que se presentaron traballos sobre a transferencia do coñecemento como unha nova fenda de xénero; propostas para reparar o impacto negativo da pandemia entre as mulleres académicas ou a relación da produción, impacto e colaboración cientÃfica co xénero nunha disciplina maioritariamente feminina.
Xa pola tarde presentaranse as comunicacións relacionadas co segundo eixo temático do simposio, as violencias contra as mulleres. As expertas e expertos analizarán o incremento dos malos tratos, as dificultades para combater a violencia de xénero en tempos de pandemia, a atención ás vÃtimas, a violencia institucional, o impacto do antifeminismo na conversa social ou as caracterÃsticas da violencia en mulleres maiores de 65 anos, entre outros.
Na xornada de mañá as ponencias centraranse na perspectiva de xénero na docencia universitaria e abordaranse experiencias como a mediación lingüÃstica e perspectiva de xénero para a aula de lingua estranxeira; a visibilización das mulleres na FÃsica, a paridade nos tribunais de Traballo Fin de Grao ou o nesgo de xénero nos asistentes virtuais de voz.
Todos os traballos presentados durante estes dous dÃas compilaranse nunha publicación que disporá de ISBN.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.