Noticias

O Calendario do Libro e da Lectura 2026 homenaxea a Otero Pedrayo e José Suárez

En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co Día do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do Día das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co Día das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, deu a coñecer hoxe o Calendario do Libro e da Lectura de Galicia para o vindeiro ano, que inclúe as datas de homenaxe ao intelectual galeguista Ramón Otero Pedrayo, con motivo do 50 aniversario do seu pasamento, e ao fotógrafo José Suárez, a quen se lle dedica no 2026 o Día das artes galegas.

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude fixo a presentación do cartel conmemorativo do almanaque acompañado pola ilustradora deste ano, Lidia Cao, con quen salientou a relevancia desta ferramenta, xa que “contribúe á planificación e dinamización cultural, ao tempo que achegar e difundir figuras senlleiras e datas claves da nosa cultura”.

Para o 2026, Anxo M. Lorenzo destacou a conmemoración do Ano Oteriano, tras a declaración oficial do Parlamento de Galicia co gallo de cumprirse o cincuenta aniversario do pasamento desta “figura esencial das letras, o pensamento e identidade galega contemporánea”, así como tamén o centenario da publicación de Guía de Galicia, unha das súas grandes obras. Polo tanto, avanzou que desde o Goberno galego vaise tirar proveito deste acontecemento como “nexo de unión a prol da nosa cultura e lingua cunha extensa programación enfocada desde moi diversos ámbitos”.

En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co Día do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López.

Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do Día das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co Día das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.

A planificación cultural deste ano mantén as novidades incorporadas en 2025, no que se incluíu o 17 de outubro como o Día do patrimonio inmaterial e o 27 do mesmo mes como Día da corrección de textos. Ademais, tamén se consolida no calendario o 22 de novembro como o Día da música.

Programación mensual

A Lei do libro e da lectura de Galicia establece a elaboración deste calendario para fomentar a lectura e a normalización da presenza do libro en todos os sectores da sociedade.

Ademais das datas mencionadas, no mes de xaneiro terá lugar o Día das biblioteca móbiles (mércores 28). A estas propostas sumaránselle en febreiro o Día da lingua materna (sábado 21) e o nacemento de Rosalía de Castro (luns 23).

Para marzo están previstas as celebracións do Día do cómic (luns 17), da narración oral (xoves 20), da poesía (venres 21) e do teatro (xoves 27).

Xa en abril, ademais da actividade centradas en Otero Pedrayo e José Suárez, o protagonista será o Día do libro (mércores 23), conmemoración á que se lle sumarán o libro infantil e xuvenil (xoves 2) e o Día da propiedade intelectual (domingo 26).

En maio, alén das Letras Galegas, concéntranse o Día da liberdade de prensa (sábado 3), o Día dos museos (luns 18) e o Día da diversidade cultural (xoves 21). Mentres, para xuño organizaranse propostas polo Día dos arquivos (martes 9) e en xullo ao redor do libro electrónico (sábado 4) e da comprensión lectora (domingo 26).

Setembro é o mes para celebrar a alfabetización (martes 8), o Día europeo de das linguas (sábado 26) e a tradución (mércores 30). Para outubro, ademais do Día do patrimonio inmaterial e da corrección de textos, o calendario xirará ao redor das escritoras (martes 13) e das bibliotecas (sábado 24).

O final de ano virá cargado de actividades co mes da ciencia en galego nas bibliotecas durante novembro, que tamén conmemorará o Día de preservación dixital (luns 2), o Día da lectura en homenaxe ao nacemento de Xosé Neira Vilas (martes 3), o Día das librarías (mércores 11), o Día do patrimonio cultural (luns 16) e o Día da música (domingo 22). Rematará a planificación en decembro co Día da edición, centrada no aniversario do nacemento de Ánxel Casal (xoves 17).

Lidia Cao

A ilustración do Calendario do Libro e da Lectura de Galicia de 2026 correu á cargo de Lidia Cao, ilustradora e muralista nada en Santiago de Compostela en 1997. Ten traballado en diferentes citas de arte urbana por toda España, pero especialmente en Galicia, e tamén noutros países como Portugal, Grecia ou Francia.

En 2020 participou no Festival de muralismo contextual de Oviedo, Parees, cun retrato da escritora Dolores Medio. Dous anos despois, un mural realizado por Cao en Onteniente foi seleccionado para participar nos premios Street Art Cities, galardóns que recoñecen anualmente aos que se consideran os mellores murais do mundo. ​

R., 2205-12-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES