
A xuntanza prodúcese despois de que a principios deste mes de decembro a Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo aprobou o convenio de colaboración coa Universidade que permitirá implementar este observatorio. O convenio, que terá unha vixencia de catro anos, establece que o órgano municipal achegará 45.000 euros anuais, mentres que a Universidade achegará medios materiais, o coñecemento e os profesionais necesarios para realizar a investigación.
Información e formulación de propostas
O observatorio pretende ser unha ferramenta que facilite a utilización integrada dos datos dispoñibles nas principais fontes estatísticas oficias, de interese para mellorar o coñecemento da situación actual e realizar un seguimento permanente da evolución do sector residencial en Vigo. O obxectivo da iniciativa é coñecer a situación do stock da vivenda, situación e estado da mesma, presenza de usos que compiten co residencial, evolución dos prezos e da renda dedicada á vivenda, ao tempo que se avalían os efectos das políticas públicas.
A nova ferramenta preséntase como un espazo de intercambio de información, formulación de propostas de actuación sobre o mercado e seguimento da evolución do acceso á vivenda destinado a servir de apoio aos axentes públicos e privados (administracións, usuarios, empresas, profesionais, asociacións e cidadanía en xeral). Artéllase como unha ferramenta activa, transparente e útil para facilitar un maior coñecemento deste ámbito e dar soporte na toma de decisión para as institucións e avaliar a súas actuacións.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.