Archivo (5 del 2021)

Buscador

Noticias

Có título xenérico de LIBROS NO CAMIÑO que da nome ás Feiras do libro deste ano 2021 lembrando a celebración do Ano Xacobeo, celebrarase dende o vindeiro mércores día 2 de xuño, ata o sábado día 5 de xuño na Rúa do Paseo de Ourense a XXXVII edición da FEIRA DO LIBRO da cidade. A de Ourense é a cuarta das doce Feiras que se van celebrar ao longo da xeografía galega ata o mes de agosto.
Os novos itinerarios botarán a andar o próximo mes e estenderanse ata outubro con 22 saídas con máis de 1.500 prazas permitindo descubrir as paisaxes e as marabillas da comunidade. Deste xeito, poranse en marcha as Rutas dos Faros, dos Pazos e Xardíns Históricos, dos Mosteiros ou da Lamprea, así como os seis trens turísticos que percorren os territorios de cada unha das cinco denominacións de orixe vitivinícolas.
Segundo o acordo asinado esta mañá, a Unidade de Investigación estará creada antes da finalización do primeiro trimestre do ano 2022. Así, o seu principal obxectivo será levar a cabo proxectos de investigación que permitan o desenvolvemento de novas terapias celulares para, posteriormente, ser elaboradas no centro de fabricación e, de seguido, seren aplicadas nos pacientes do sistema sanitario público.
Os cursos de verán da Universidade de Vigo regresan en xullo cunha oferta completamente renovada e cunha firme aposta pola presencialidade. O catálogo comprende catro alternativas que combinan formación complementaria e lecer en temáticas diversas como obradoiro de construción de nanosatélites, un campamento de xeoloxía, un ciclo sobre a cultura de Galicia e un curso de termalismo.
'Son conscientísima de que o utilizar unha lingua minoritaria cérrame portas e de que iso non me fará cambiar de idioma'. Coa lectura destas verbas escritas por Xela Arias en 1988 deu comezo o relatorio co que a profesora Chus Nogueira repasou a traxectoria da autora homenaxeada co gallo do Día das Letras Galegas 2021. A USC sumouse á celebración cun libro no que se reuniu unha serie de estudos, textos e materiais que ilustran distintas facetas da vida e da obra da autora homenaxeada.
No ano do seu décimo aniversario, a Noite europea das persoas investigadoras regresará este outono a Galicia con folgos renovados, da man dunha decena de universidades, centros e institutos de investigación, coordinados pola UVigo. Coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, e baixo o lema Conciencias creativas, a Noite galega das persoas investigadoras (G-Night) chegará o 24 de setembro.
A área de Cultura da UDC remata o Mes das Letras co espectáculo poético/musical 'Idioma da tinta', a cargo de Yolanda Castaño e Isaac Garabatos na sala Cubo do espazo de intervención cultural da UDC. Inquedos dinamizadores culturais ambos os dous desde A Coruña e Vigo, a poeta Yolanda Castaño e o músico e compositor Isaac Garabatos comezaron en 2006 a unir as súas linguaxes creativas en videocreacións e pequenos espectáculos multidisciplinares.
Ciencia e arte danse a man na proposta que o Campus do Mar e o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo deseñaron para celebrar o Día Mundial dos Océanos. O proxecto, bautizado como Scientists meet artists, propón unha maridaxe entre dous mundos, a priori, ben distantes como son a investigación mariña e a ilustración.
O proxecto Lingua Viva, coordinado dende o Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC pola profesora Elisa Fernández Rey, pretende poñer en marcha unha plataforma que permita recoller o patrimonio lingüístico galego mediante un método colaborativo coa cidadanía, en virtude do cal, todos os cidadáns poidan achegar o seu coñecemento lingüístico. 'O noso propósito é crear un espazo que reúna as doazóns lingüísticas dos falantes do galego vivo', apunta a profesora Fernández Rey.
Irene Montero Díaz, con “Lúa Nova”, é a autora galardoada nesta oitava edición do Concurso Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. Así se deu a coñecer no salón de plenos do consistorio ribeirense nun acto que estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz e contou tamén coa participación de Fran Alonso, director de Edicións Xerais; da concelleira de Cultura, Maria Sampedro; da propia autora e de varios membros do xurado, entre outos.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (120)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES