
En 2007 uníronselles o músico Jesús Andrés, a cantante Mónica de Nut e a coreógrafa e bailarina Branca Novoneyra para crearen o grupo Tender a man. Con esta orixinal e pioneira formación que fusionaba música en directo, recital poético e danza contemporánea puideron amosar coidadas mostras do seu traballo en escenarios de Galicia así como en Helsinki, Tokio, Múnic ou Berlín.
Constituíndo o cerne e motor creativo da formación, Castaño e Garabatos continúan paralalelamente colaborando xuntos en novos proxectos, e en 2018 publican en Italia o seu primeiro libro-disco, Idioma da tinta. Editado dentro da colección Canzoniere -dedicada ás máis punteiras propostas de música e poesía de Italia e do resto do mundo- o traballo recolle catorce composicións de Garabatos sobre poemas recentes de Castaño. Esta produción púidose mostrar xa en distintos museos, festivais e salas de Italia, Andalucía ou Valencia.
Así, a través do espectáculo Idioma da tinta un dos músicos máis versátiles e activos en Galicia pon música a un dos rostros máis populares da poesía galega. A voz de Yolanda Castaño únese a unhas composicións orixinais de Isaac Garabatos cheas de fresca diversidade e excelencia musical, nun envolvente diálogo entre música e poesía de exquisita factura.
Un recital poético cargado de expresividade, calidez, provocación unha veces e sutil elegancia outras, que será capaz de conectar con propios e estraños. Un xeito de que a mellor poesía contemporánea de Galicia chegue a un público máis amplo a través dun concerto delicado, de alta calidade artística e cargado de emocións.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.