Archivo (5 del 2021)

Buscador

Noticias

A prevalencia de vítimas de violencia machista maiores de 65 anos que acoden a Centros de Información á Muller é a máis baixa de todas as franxas de idade, tal e como acaban de constatar dende o Grupo Investigación, Diagnóstico Educativo e Avaliación (IDEA) da USC. 'Isto non significa que non existan casos, máis ben ao contrario, o que sucede é que son menos visibles', explica a responsable deste proxecto,Ana María Porto, do Instituto de Ciencias da Educación.
Santiago de Compostela será a sede da XXVII Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades (GCU) que se desenvolverá do 13 ao 14 de setembro e na que a USC actuará como institución anfitrioa. Os membros do Comité Executivo do GCU, reunidos en liña o pasado 11 de maio, apostaron polo regreso á modalidade presencial coincidindo coa celebración do Ano Santo Xacobeo 2021.
A partir dos testemuños de Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Nogueira, Manuel Bragado, Susana Trigo e Humberto Heredia, o documental percorre a vida e obra da homenaxeada no día das Letras deste ano, deténdose en todas as arestas que fixeron de Xela Arias unha muller situada nas marxes da literatura, analizando o seu labor como poeta, tradutora e correctora, así como o seu impacto na vida cultural galega.
Investigadores da Universidade de Vigo veñen de publicar na revista Acta Astronautica un estudo no que realizan o deseño conceptual dunha misión a Xúpiter na que a propulsión é xerada por un sistema multitether. Trátase, apuntan os seus autores, dun “novo tipo de propulsión, eficiente e sostible, que só precisa da interacción do dispositivo co ambiente para funcionar”.
O programa BIOARGOS21, iniciativa integrada dentro do proxecto BioIncuBatech e que está liderada pola USC a través da área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) acaba de botar a andar a súa oitava edición. As persoas participantes nas convocatorias relativas a Bio-Saúde e Tecnoloxías Agroalimentarias, déronse cita no Pavillón Universitario da USC para participar na Escape Room ‘O Gran Reto do Emprendedor’.
A maior satisfacción dunha universidade é ver como as persoas que nela se forman contribúen ao desenvolvemento da sociedade en calquera dos seus ámbitos. Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003) foi poeta, tradutora, editora, narradora e profesora; feminista e reivindicativa; urbana e transgresora... e tamén alumna de Filoloxía Hispánica durante varios anos na Universidade de Vigo.
O Museo Universitario A Domus do Mitreo amplía a súa área expositiva, cuxa fase de renovación se prolongará ata mediados de xuño, coa mostra de ósos e restos faunísticos do ‘banquete mitraico’, tal e como se denomina o momento da celebración máis importante da liturxia relixiosa do Deus Mitra e durante o que as persoas que estaban a render culto comían.
Entre xaneiro de 2015 e xuño de 2020, Xosé Luis Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo 261 textos xornalísticos acubillados na sección No Fondo dos Espellos. Estes escritos efémeros agora están dispoñibles para o público xeral nun libro editado pola Universidade de Vigo. Este volume constitúe un xeito de homenaxear ao escritor e doutor Honoris Causa pola UVigo e de compilar todos estes contidos que publicou cada sábado durante eses cinco anos e medio no xornal vigués.
A diverxencia de criterios entre os diferentes actores que interveñen no sector da pesca constitúe unha fonte de innovación enriquecedora á hora de establecer regulamentos neste ámbito. Así o afirman científicos da USC e do Instituto Español de Oceanografía (IEO) logo de realizar 24 entrevistas en profundidade a armadores e capitáns de barco da flota pesqueira de arrastre galega en Marín, Bueu e Ribeira, coa intención de afondar na súa postura en torno á obrigación da Política Pesqueira Común (PPC), de desembarcar todas as capturas.
A península ibérica será no futuro un territorio cada vez máis tórrido. Así se desprende dun estudo sobre proxeccións climáticas realizado por investigadores das universidades de Vigo e de Santiago de Compostela que prevé un aumento da intensidade das ondas de calor do 104% para o futuro próximo (2021-2050) en todo territorio peninsular.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (122)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES