Notas de prensa

Restos do 'banquete mitraico' e pezas de artesanía de óso amplían a exposición da Domus do Mitreo

O Museo Universitario A Domus do Mitreo amplía a súa área expositiva, cuxa fase de renovación se prolongará ata mediados de xuño, coa mostra de ósos e restos faunísticos do ‘banquete mitraico’, tal e como se denomina o momento da celebración máis importante da liturxia relixiosa do Deus Mitra e durante o que as persoas que estaban a render culto comían.

As distintas análises realizadas sobre os restos de fauna achados no xacemento sobre o que se asenta a Domus do Mitreo revelan que a maior parte dos ósos corresponden con especies gallináceas, vacún, xabaríls, corzos, lebres ou de produtos mariños, como o constatan as diversas conchas encontradas. A datación destes ósos sitúase entre os anos 212-18 e 350 despois de Cristo, segundo comentan Celso Rodríguez Cao e Dolores Dopico Caínzos, responsable das escavación arqueolóxica e directora científica do museo, respectivamente.

Alén da escolma destes restos óseos que deixan constancia da celebración do ‘banquete mitraico’ entre os fieis ao Deus Mitra que habitaban na Lucus Agusti, outros dos restos faunísticos achados durante as escavacións corresponden a osamentas de cans, de cabalos e tamén de camélidos. A presenza de camelos e dromedarios no Noroeste da Península Ibérica non era habitual, pero trátase de dúas especies utilizadas como medio de transporte e de mercadorías por parte dos soldados romanos, un feito que pode explicar a existencia de restos óseos nas dependencias dunha domus habitada por un centurión.

Unha explicación semellante pode aplicarse ao caso do cabalo, un animal reservado na época ás clases sociais con alto poder económico, precisa Rodríguez Cao. Este arqueólogo engadiu que as pescudas e análises científicas realizadas non solo derivaron na identificación, catalogación e datación dos animais, senón que tamén resultaron cruciais para situar e identificar no xacemento lugués a especie canina máis antiga de Europa.

Outra das realidades advertidas nas investigacións xa realizadas arredor do uso e aproveitamento dos ósos atinxe ao densenvolvemento dunha incipiente industria artesanal dos ósos, sobre todo centrada na elaboración de agullas e demais artefactos de uso téxtil (pezas perfectamente seccionadas e pulidas) e tamén prendedores e agullas para o pelo. Ademais destes usos, durante esta etapa do imperio romano, os ósos tamén se empregaron para a elaboración de pezas, algunhas incluso policromadas, de uso supostamente lúdico ou de lecer.

Día Internacional dos Museos

O Museo Universitario A Domus do Mitreo súmase a celebración do Día Internacional dos Museos, unha efeméride que se conmemora o vindeiro martes 18 de maio, cunha xornada de portas abertas e coa organización de dúas visitas guiadas, unha en quenda de mañá e outra, pola tarde, para as que é preciso formalizar reserva a través do número de teléfono 610 323 926 ou da web www.adomusdomitreo.com.

A duración de cada unha destas visitas guiadas, abertas a todos os públicos, será de media hora. Así, nos itinerarios programados para as 12.00 horas e as 18.00 horas, as persoas que actúen como guías tratarán sobre o pasado e o futuro da Domus do Mitreo, ao tempo que explicarán como este museo universitario sorteou as limitacións derivadas da pandemia provocada pola COVID-19 grazas á súa web.

Universidade de Santiago de Compostela, 2021-05-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES