
O webinar ‘Análise da situación das mulleres maiores de 65 anos que sofren violencia de xénero: visión das profesionais que atenden a este colectivo” serviu para evidenciar as opinións das persoas que atenden a estas vÃtimas e que foron recollidas ao abeiro do proxecto homónimo financiado coas axudas que a USC outorga no marco do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero. A través dunha metodoloxÃa cualitativa integrada por entrevistas e grupos de discusión, conclúese que malia que todas as vÃtimas presentan necesidades semellantes con independencia da franxa de idade na que se sitúen, existen matices salientables a medida que pasan os anos. “Ãs mulleres maiores cústalles ver o seu futuro, pois xa senten que están na última etapa da súa vida, e isto dificulta a súa percepción da violencia e da súa situación”, explica a profesora Porto. “Tamén é necesario ter en conta que a resistencia ao cambio e o medo para empezar de novo é un elemento importante a esta idade”, engade a investigadora.
MetodoloxÃa
O estudo desenvolveu dous grupos de discusión e once entrevistas a profesionais que traballan dÃa a dÃa con este colectivo. O primeiro dos grupos estivo integrado por dúas asesoras psicolóxicas e unha asesora xurÃdica; mentres que no segundo tomaron parte unha asesora xurÃdica, unha asesora psicolóxica e unha traballadora social. Finalmente, realizáronse entrevistas a catro asesoras xurÃdicas, cinco asesoras psicolóxicas e a dúas traballadoras sociais. Todas elas son profesionais que traballan nos Centros de Información á Muller (CIM) de ámbito municipal en Galicia. As conversas e debates permitiron afondar nas caracterÃsticas das vÃtimas, asà como na identificación das súas necesidades. Asemade, profundouse na proposta de medidas de cara á prevención e detección da violencia machista nestas idades.
Eivas económicas
“Nesta etapa da vida, para as mulleres criar aos seus fillos e fillas xa non é unha necesidade, con todo, os recursos económicos son un obstáculo importante para elas pois a maiorÃa non teñen nada propio: non teñen pensión ou mesmo non teñen casa”, explica a profesora Porto. Por outra banda, estas mulleres están soas, illadas e necesitan unha importante rede de apoio, alén de ocupar o seu tempo en actividades que lles permitan relacionarse con outras persoas, tal e como advirten as conclusións do estudo. “A falta de apoio social é unha necesidade importante que debe ser atendida”, explica a investigadora principal. Asemade, a procura de actividades de lecer e tempo libre son tamén prioritarias “porque é a través delas como se pode ir tecendo esa rede de apoio tan necesaria”.
Perda de saúde
A investigación pon o foco en que outro aspecto fundamental é a atención á saúde. “As repercusións da violencia á que estiveron sometidas de maneira prolongada estas mulleres na saúde, tanto fÃsica como mental, son moi importantes”, sinala a profesora Porto. En xeral, prodúcese unha diminución da calidade de vida e un deterioro das condicións de saúde “que se manifesta en numerosos problemas psicosomáticos que fan que as súas visitas ao centro de saúde sexan moi frecuentes”, engade a investigadora. Estes centros e os/as profesionais da saúde que neles traballan son os contactos máis habituais deste tipo de vÃtimas e, tal e como constata o estudo, deben ser aproveitados como “fontes fundamentais de intervención”. A necesidade dunha actuación unitaria e a coordinación, colaboración e cooperación en todas as accións que desenvolvan os distintos axentes implicados conforman unha peza chave para erradicar este tipo de violencia.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.