
O artigo publicado leva por tÃtulo Conceptual design of electrodynamic multi tether system for self-propelled Jovian capture e está asinado por Marco Casanova (investigador da Ãrea de EnxeñarÃa Aeroespacial da Escola de EnxeñarÃa Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense e estudante de EnxeñarÃa Espacial da Universidad Carlos III de Madrid); FermÃn Navarro (Ãrea de EnxeñarÃa Aeroespacial da UVigo) e Daniele Tommasini (Departamento de FÃsica Aplicada da UVigo). O traballo, explican os seus responsables, é unha evolucion do traballo de fin de grao que Marco Casanova presentou o pasado ano na Escola de EnxeñarÃa Aeronáutica e do Espazo coa supervisión dos profesores do centro FermÃn Navarro e Daniele Tommasini. Foi un dos primeiros traballos fin de estudos lidos nesta escola, que o pasado curso académico graduou a súa primeira promoción, da que Marco Casanova forma parte. “É para min un orgullo como recentemente egresado da Universidade de Vigo publicar nunha das revistas de referencia no campo dos sistemas espaciais”, comenta.
Innovación no sistema de propulsión
Ao respecto da elección de Xúpiter para este estudo, Marco Casanova indica como “tras 60 anos de exploración interplanetaria, os planetas exteriores do sistema solar seguen sendo de interese cientÃfico, pois poden resolver moitas dúbidas sobre a formación deste sistema solar”. Nas últimas décadas, engade, a procura de formas de vida fóra da Terra puxo no punto de mira as lúas de Xúpiter. É neste marco, tal e como sinala o investigador, onde xorde o deseño conceptual dunha misión a Xúpiter usando un novo tipo de propulsión, eficiente e sostible, xerada por "un sistema multitether no que nin o consumo de masa nin o consumo de potencia son necesarios, simplemente é necesaria a interacción do dispositivo co ambiente".
En contrapartida coa tradicional propulsión quÃmica e a cada vez máis de moda propulsión eléctrica, Marco Casanova explica que os tethers electrodinámicos que se empregan neste traballo conseguen enerxÃa (propulsiva e eléctrica) grazas á interacción co campo magnético do planeta en presenza de plasma (que é unha atmosfera exterior de partÃculas cargadas que rodean un planeta). Sobre como funciona este sistema de tethers, o egresado da UVigo apunta como “o principio de operación é simple: trátase dun cable moi longo e fino no cal se induce unha corrente eléctrica cando este se move a través dun campo magnético en presenza de plasma. É por iso que un sistema de propulsión baseado en tethers electrodinámicos só é efectivo nas proximidades de planetas que cumpran estas condicións (como son a Terra e os planetas exteriores como Xúpiter)”.
Para poder entender o seu funcionamento, Marco Casanova exemplifica como “se estamos nunha bicicleta nunha baixada, simplemente polo lugar no que estamos, deixándonos levar e sen pedalear, somos capaces de chegar ata o final, grazas ao potencial gravitatorio entre o punto final e inicial”. En cambio, engade, se estamos abaixo e queremos subir, é necesario conferir de forma externa a enerxÃa necesaria para chegar ata arriba (por exemplo pedaleando). “O mesmo razoamento pódese facer se falamos de deseño de traxectorias espaciais: se non hai no ambiente ningunha forza que poidas empregar para conseguir un obxectivo, sempre está a posibilidade de producir dita forza cun motor, pero para algúns escenarios como o presentado neste traballo hai moitas outras posibilidades moi interesantes, nas cales non é necesario producir enerxÃa propulsiva senón utilizar a remanente no medio”, afirma.
No traballo publicado en Acta Astronautica, os investigadores da UVigo estudan un caso especÃfico de misión no que tres tethers electrodinámicos son a configuración óptima para que o satélite sexa capturado por Xúpiter. “Unha vez a captura é producida, dito sistema pode ter múltiples usos: primeiramente conseguir a órbita desexada para a misión, máis tarde mantela e finalmente xerar potencia eléctrica que pode ser usada nos distintos instrumentos a bordo”, destacan. Esta última vantaxe, engaden, “é clave xa que a distancia de Xúpiter ao Sol fai moi pouco efectivos os paneis solares, que son a principal fonte de xeración de potencia usada no espazo a distancias inferiores”.
O Compostela TradFest desenvolverase en tres dos espazos máis emblemáticos do casco histórico compostelán: a Praza da Quintana, a Praza de Mazarelos e a Igrexa da Universidade, integrando o patrimonio monumental da cidade nunha experiencia cultural aberta e gratuÃta para todos os públicos. Entre os nomes máis destacados figuran Budiño, un dos grandes referentes da música galega actual; Felisa Segade, unha das voces máis recoñecidas da nova escena tradicional; a artista Ana Alcaide, acompañada polo estadounidense Bill Cooley; o portugués O Gajo ou o arxentino MartÃn Bruhn.
O porto da Coruña converterase este outono nun dos grandes espazos da música en directo en Galicia coa celebración da segunda edición de Son & Mar A Coruña. Entre o 18 de setembro e o 11 de outubro traerá á cidade máis de 30 artistas en 12 eventos repartidos ao longo de catro fins de semana, reforzando unha proposta que combina música, cultura e territorio. A principal novidade desta edición é precisamente o seu crecemento. Tras a boa acollida da estrea en 2025, Son & Mar A Coruña pasa de seis a 12 eventos, ampliando tamén a súa duración de dous a catro fins de semana consecutivos.