Notas de prensa

Bota a andar a oitava edición de BIOARGOS21

O programa BIOARGOS21, iniciativa integrada dentro do proxecto BioIncuBatech e que está liderada pola USC a través da área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) acaba de botar a andar a súa oitava edición. As persoas participantes nas convocatorias relativas a Bio-Saúde e Tecnoloxías Agroalimentarias, déronse cita no Pavillón Universitario da USC para participar na Escape Room ‘O Gran Reto do Emprendedor’.

Esta actividade tiña como obxectivo adestrar a estudantes e investigadores en mellorar as súas habilidades de traballo en equipo e favorecer o networking entre eles. Para iso os participantes distribuíronse en varios equipos multidisciplinares que traballaron xuntos en superar diferentes probas baseadas nas distintas “fases” ás que un emprendedor debe enfrontarse para crear a súa empresa, dende a idea á creación da empresa e a súa internacionalización.

O obxectivo do programa BIOARGOS21 é sensibilizar e adestrar a estudantes e investigadores no proceso de elaboración do plan de negocio e promover a creación de empresas na comunidade universitaria. Tomando como eixos o “traballo en equipo” e o “aprender facendo”, acompáñase aos emprendedores no proceso de definición dunha idea de negocio, avaliando a súa capacidade de chegar a un proxecto empresarial viable.

O programa BIOARGOS21 configúrase en formato concurso. Para iso os participantes distribuiranse por equipos multidisciplinares que traballarán sobre un resultado de investigación do ámbito bio, saúde e tecnoloxías agroalimentarias, achegado pola USC ou calquera outra idea de negocio/tecnoloxía achegada polos participantes que teñan o seu propio proxecto empresarial. Os equipos competirán por ser a mellor iniciativa, polo que se valorará a capacidade de escalabilidade e viabilidade do proxecto empresarial.

Este programa premiará con 3.000 euros aos proxectos gañadores de cada unha das convocatorias integradas no programa BIOARGOS21. Esta actuación forma parte proxecto BioIncubatech, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional - FEDER dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER.

Universidade de Santiago de Compostela, 2021-05-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES