Irene Montero, xornalista ferrolá afincada no municipio de Oleiros, agradeceu ao Concello e a Xerais a organización deste premio (este tipo de iniciativas son imprescindibles para poñer en valor a nosa lingua) e confesou que esta é a súa primeira novela e tamén o primeiro premio ao que se ten presentado.
A protagonista é Lúa Lóngora, cega de nacemento, inspirada nunha moza de Santa Cruz chamada Natalia á que Irene coñece e admira. Natalia agora ten 16 anos e a miña Lúa 34, porque eu quería facer unha proxección cara adiante e imaxinar como será a súa vida, como se enfrontaría aos retos que se lle presenten, que decisións irá tomando, afirmou a autora.
Unha reflexión sobre a discapacidade
Tamén incidiu en que quería falar da discapacidade, non como unha historia de superación senón para facer unha reflexión sobre a propia discapacidade e sobre a relatividade do termo: En moitas ocasións, e sempre que esa persoa poida dispoñer dos recursos que precisa ao seu alcance explicou, esa discapacidade vén acompañada doutras capacidades extraordinarias, que poden facernos discapacitados ao resto.
Fran Alonso mostrouse encantado de incorporar unha nova voz ao catálogo de Xerais en tanto que o alcalde Manuel Ruiz agradeceu a súa participación, felicitouna polo premio e loou a temática abordada na creación literaria: non só ten argumento, senón tamén contido, dixo.
A edil María Sampedro resaltou que nesta oitava edición presentáronse 29 obras, cifra récord que consolida a traxectoria do certame. Ademais reflectiu os valores recollidos na acta do xurado, que sinala que a obra escollida destaca pola súa escrita fluída e fresca, cunha temática social que invita á reflexión por parte do espectador. A autora amosa un profundo coñecemento do asunto que trata artellando unha narración dende dúas ópticas diferentes.
Lúa Nova será publicada en edicións Xerais en virtude do convenio de colaboración subscrito co Concello, ademais de estarmos ante un premio dotado de 3.000 euros. Os anteriores gañadores no Cidade Centenaria de Ribeira foron Begoña Paz (con As mellores intencións), Ignacio Silva (Vertixes), Goretti Fariña (Orlando pendurado), David Pobra (Liña azul), Amadeo Cobas (A cacería), Antonio Tizón (Un home extraño) e Antonio Piñeiro (Celada).
O xurado nesta oitava edición estivo composto por Xoán Xosé Fernández Callón (bibliotecario e historiador), María Jesús Blanco López (mestra e escritora), María Canosa Blanco (escritora) e Alicia Padín Otero (normalizadora lingüística de Ribeira e coordinadora da Rede de Dinamización Lingüística de Galicia), actuando como secretaria (con voz pero sen voto) Sara García Sampedro.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.