Buscador
Noticias
Representación e reflexión combínanse nas I Xornadas Creación e Pensamento. Violencias á escena, un ciclo no que as artes escénicas se combinan con faladoiros dirixidos a pór o foco en problemáticas como a violencia machista, a situación das empregadas do fogar e os prexuízos asociados á idea do amor romántico na adolescencia.
As profesoras da USC Mercedes Brea e Pilar Lorenzo Gradín presentaron este luns o volume de estudos interdisciplinarios centrado na relación entre Alfonso X e Galicia, e publicado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. O acto, no que tomou parte o conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez, serviu de prólogo a diversas efemérides que terán lugar ao longo desta semana, organizadas por diversas institucións, co gallo do 800 aniversario do nacemento.
Son moitas as ameazas ás que se enfrontan os ecosistemas galegos, que teñen que sobrepoñerse aos excesos de urbanización, resistir ás especies invasoras e adaptarse a escenarios cambiantes que estarán marcados polo cambio climático. Por iso a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) organiza, en colaboración coa Universidade de Vigo, as V Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade.
O informe 'Estudio sobre el impacto de la tecnología en la adolescencia' avaliou os hábitos de dous millóns de adolescentes de entre 11 e 18 anos de toda España, entre novembro de 2020 e marzo de 2021, poñendo sobre a mesa 'un estudo pioneiro en Europa', como sinala o profesor Antonio Rial Boubeta, director científico deste informe e investigador da USC. É un estudo 'comprensivo e inclusivo sobre o uso saudable das tecnoloxías que ofrece unha foto precisa dun segmento de poboación moi concreto'.
O Salón Teatro de Santiago será a principal sede do Encontro para a formación e a innovación no circo D10!, organizado pola compañía Pistacatro e que chega á súa sexta edición. Neste marco, o escenario do Centro Dramático Galego acolle os vindeiros días 24, 25 e 26 tres espectáculos abertos ao público e mais o obradoiro de dramaturxia no circo Escribir o risco, que terá lugar no Centro Sociocultural do Romaño.
A taxa de actividade emprendedora en Galicia situouse no 4,3% no ano 2020, segundo recolle o informe GEM Galicia 2020-21, que constata, do mesmo xeito que en anos anteriores, que o impulso emprendedor entre as mulleres (5%) é superior ao da poboación masculina (3,5%). A pandemia provocou un lixeiro parón da actividade emprendedora, ao tempo que salientou a capacidade de resilencia dos emprendedores.
Os Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago centran a súa décimo sexta edición en Pensar o mundo despois da Pandemia, alén de concibirse como unha homenaxe á escritora galega Emilia Pardo Bazán. Dende o xoves 18 e ata o sábado 20, este foro desenvólvese en modalidade semipresencial na Facultade de Filosofía da USC e baixo a organización da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA) e a Sociedade Galega de Estudos Nipóns.
Un curso académico máis o proxecto MicroMundo@Uvigo 2.0 ponse en marcha. Alumnado e profesorado da Facultade de Ciencias do campus de Ourense traballará con estudantes preuniversitarios nun proxecto de investigación real no que participan máis de 14 países e que busca microorganismos produtores de novos antibióticos. O obxectivo último da iniciativa é espertar nas novas xeracións a vocación científica e a conciencia sobre a necesidade dun uso responsable destes medicamentos.
Acaba de saír de imprenta unha obra de carácter histórico-biográfico do senlleiro profesor do Seminario de Mondoñedo, Dino Pacio Lindín (Xemil, A Pastoriza, 1934). Leva por título 'Dino Pacio Lindín, o guía dunha vangarda cultural'. Foi escrita por dezaseis antigos alumnos e amigos, e coordinada polo profesor Manuel Rivas García. Os autores réndenlle unha homenaxe e deixan testemuña do aprecio que lle gardan ao seu mestre e guía nos anos mozos.
Cinema Rabudo nace en Santiago de Compostela co fin de xerar un espazo de encontro para o audiovisual crítico e inconformista e incitar o debate e a reflexión sobre problemáticas sociais de actualidade. Feminismos, ecoloxismo, dereitos humanos, multiculturalidade e migracións son algúns dos temas que se tratan nas oito pezas que se proxectarán entre o 22 e o 26 de novembro.