Editada coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, conta cunha portada e ilustracións do debuxante e ensaísta Siro López e cunha contraportada do pintor A. Rivas Pol. A impresión correu a cargo de Gráficas Lar (Viveiro).
Nos relatos reflíctese o momento de cambio que se produciu no internado do Seminario de Mondoñedo entre os anos 60-66 do século pasado. Neles queda constancia dese lustro innovador no que se vai a pasar dunha mentalidade tridentina a unha apertura aos novos aires que veñen de Centroeuropa. Esa transformación foi posible porque nese momento e nese lugar estaba alí unha persoa excepcional con suficiente coraxe e intelixencia para levalo adiante: o profesor Dino Pacio.
Formado en Comillas e en varias universidades europeas, con estadías estivais en París, Alemaña e Inglaterra, estaba ao tanto dos cambios que naquel momento se estaban xestando en Europa e coñecía ben as novas ideas que agromaban no campo da literatura e filosofía, principalmente en Francia. Esas ideas chocaban cunha mentalidade que seguía sesteando tranquila no colo da neoescolástica e allea ao que acontecía alén do Padornelo.
Nos artigos aparecen esas dúas mentalidades: a máis conservadora e remisa a calquera cambio que supuxera mingua dos seus privilexios; e outra innovadora, representada por Dino Pacio e un nutrido grupo de profesores que vían con bos ollos as súas propostas de mellora do sistema formativo. El era un home adiantado ao seu tempo, un visionario que atinou a enxergar o que ía pasar na seguinte década.
Dino Pacio foi, sen lugar a dúbidas, un xigante nun país de ananos que miraban a ras de chan e non foron capaces de erguer a cabeza e apreciar a talla excepcional dunha personalidade xenial, capaz de transformar e mellorar a sociedade alí onde queira que se atopase.
Unha vez máis repítese tamén aquí a secular maldición sobre a nosa terra: que algúns dos fillos máis valiosos e ilustres vense forzados a abandonala para poder brillar en terra allea. Dino Pacio marchou aos EE.UU. e sobresaíu como profesor universitario en Nova York pero, lonxe de acomodarse na súa cátedra, loitou e logrou mellorar as condicións de vida dos emigrantes hispanos de Manhattan a través da fundación de Solidaridad Humana que lles posibilitou integrarse de pleno na sociedade americana a través do coñecemento do idioma e a posterior formación que os prepararía para un digno posto de traballo
. A súa escrita non é prolífica, pero é dunha orixinalidade e densidade excepcionais. Nela latexa con forza a paixón polo saber que, como gran comunicador, sabía contaxiar a todos aqueles que tiveron o privilexio de escoitalo.
Dino Pacio
Dino Pacio Lindín ingresou en 1947 el Seminario de Mondoñedo, onde cursou Latín e Filosofía. Licenciouse logo na Universidade Pontificia de Comillas, proseguiu estudios na Gregoriana de Roma, e nas Universidades de Friburgo (Linguas Modernas) e Harvard (Socioloxía). Tras a súa etapa en Mondoñedo, en 1966 trasladouse a Estados Unidos, onde exerceu como profesor nas universidades de Rochester, Forham , Cuny (Universidade da cidade de Nova York) e Suny (Universidade do Estado de Nova York) antes de fundar o seu propio proxecto docente, Solidaridad Humana, por cuxas aulas pasaban cada año más de dos mil mozos hispanos sen recursos.
O seu pensamento está contido nas súas dúas únicas obras: Juventud Radical 1956, que sufriu a censura no seu día, o que motivou a súa saída de España, e un libro entrañable para el, Terra Húmeda, dedicado a Galicia. Completan a súa obra algúns artigos espallados en varias revistas e xornais.
Actualmente vive en Nova York ca su esposa e as súas fillas.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.