
O reitor Antonio López inaugura este xoves, a partir das 18.00 horas, estes encontros nun acto institucional no que tamén toman parte o decano do centro Marcelino AgÃs, Javier Barcia González, presidente da SIFA; e Alba Iglesias Varela, presidenta da Sociedade Galega de Estudos Nipóns.
Todas as intervencións programadas están agrupadas arredor dunha serie de paneis temáticos dedicados a cuestións como ‘Coidar o serÂ’, a ‘Visión orientalÂ’, ‘É posible outro mundo?Â’ ou ‘Pensar o mundo en feminino: Emilia Pardo Bazán cen anos despoisÂ’. As conferencias e relatorios correrán da man de especialistas procedentes de universidades españolas, francesas, portuguesas ou xaponesas, entre outras, que explorarán os efectos da pandemia na identidade, na dimensión afectiva e a alteridade; o tratamento do coidado na era dixital; a conciencia relixiosa; a perspectiva do corpo seguro; ou a concepción da nova normalidade e a homo postpandemia. Ademais da programación cientÃfica está prevista tamén a inauguración da exposición de pintura ‘Crónica da pandemiaÂ’ do pintor Anto Chozas, asà como o acto de entrega da terceira edición do premio Sapientia.
A programación de actividades do Encontro complétana a presentación dos libros Historia de la Hermenéutica. Devenir y actualidad de la filosofÃa de la interpretación, La luz entre las tinieblas: AgustÃn de Hipona y Tomás de Aquino, Caminos del pensamiento japonés e FilosofÃa e utopÃa. Tamén está prevista unha homenaxe póstuma a Megumi Shiozawa.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe a posta en marcha dun programa especÃfico para reducir o abandono escolar centrado en varóns e na poboación inmigrante sen educación secundaria de segunda etapa, é dicir, que non contan con tÃtulos superiores ao de ESO. O responsable do Executivo autonómico apuntou que a redución do abandono escolar é un 'importantÃsimo asunto de carácter estrutural no que a Xunta está embarcada hai tempo'. AÃnda que indicou que 'imos polo bo camiño', lembrando que Galicia pechou 2025 cunha taxa do 10,4%, case tres puntos por debaixo da media estatal, sinalou que 'non podemos conformarnos nin moito menos'. AsÃ, lembrou que a taxa de abandono educativo temperán é case o dobre nos homes (13,5%) ca nas mulleres (7,2%), polo que o Goberno galego está a intensificar as medidas especiais sobre eles.
O XIII Carballo Interplay desenvolverá do 16 ao 19 de abril un programa de 32 actividades arredor da creación dixital contemporánea, das series en pequeno formato, a cultura de internet e a reflexión sobre os novos modos de comunicar na rede. O certame reforza este ano a presenza do galego como lingua de creación, conversa e pensamento no ecosistema dixital, cunha programación especÃfica arredor dos contidos no noso idioma nas RRSS, accións formativas para a mocidade, premios dirixidos a recoñecer o talento que crea na nosa lingua e novas oportunidades para a produción de proxectos.