Archivo (11 del 2020)

Buscador

Noticias

Xerar espazos de diálogo e reflexión sobre as consecuencias e oportunidades da pandemia no ámbito da educación é unha das metas das Xornadas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, catro sesións webinar que se desenvolverán os días 19, 20, 26 e 27 de novembro, e que achegarán experiencias e prácticas comprometidas coa construción dunha cidadanía activa, crítica e solidaria.
O Museo Gaiás acolle as obras finalistas da especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea 2020. O programa Xuventude Crea, que este ano acada a súa 11ª edición, é un certame de creadores novos que pretende estimular e apoiar a imaxinación, creatividade e innovación dos mozos e mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, entre os 16 e os 30 anos.
O Premio Aresa, un galardón que pretende fomentar o desenvolvemento rural, favorecer e mellorar o benestar das persoas que viven no mundo rural, valorará na súa vixésima primeira edición aquelas iniciativas desenvolvidas no campo galego durante a pandemia como alternativas de vida ou para axudar a outros.
Carme Varela obtivo coa súa obra As desterradas o Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais na edición do seu vixésimo quinto aniversario. O xurado dos galardóns literarios outorgou tamén o XIV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques nas súas modalidades para adultos e para rapaces a Esther F. Carrodeguas por República Sideral e a Carlos Losada-Galiñáns por Pois eu!, respectivamente.
Xatcobeo, Humsat-D, Serpens e Lume-1. A historia recente da Universidade de Vigo non se pode entender sen o traballo que desde hai máis de 13 anos están a desenvolver docentes, investigadores e alumnado e co lograron converter á institución académica viguesa nunha referencia no deseño, fabricación e operación de cubesats, pequenos satélites de 10 cm de arista e masa inferior a 1,33 kg.
O investigador Eugenio Vázquez Sentís, do grupo de química biolóxica do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS), participará nun proxecto europeo denominado e- Prot, que busca desenvolver un novo tipo de nanocables condutores da electricidade baseados en proteínas, que poderían ser a base para a fabricación de futuros dispositivos electrónicos sostibles.
O ciclo de conferencias Luis Asorey 2020, que organiza a Real Academia Galega de Ciencias, centrarase este ano na biointensificación, analizando os retos de hoxe en día no ámbito da agricultura, gandería, sector forestal e alimentación. A RAGC decidiu dedicar este ciclo á memoria do Doutor Luís Asorey García, prestixioso médico que desenvolveu a súa actividade durante moitos anos na cidade de Lugo e que foi académico, secretario e vicepresidente da Academia.
A exposición 'Arquitecturas debuxadas' propón un itinerario visual inédito por Compostela a través dos debuxos do arquitecto, debuxante e pintor Santiago Catalán. O autor leva seis anos recollendo elementos das arquitecturas máis representativas das cidades galegas, o que se ten materializado na publicación de dúas obras sobre Lugo e Santiago. Esta mostra poderá visitarse no Museo das Peregrinacións e de Santiago ata o vindeiro 28 de febreiro.
Con motivo da celebración do Día do Patrimonio máis de cen entidades mobilizaranse na rede para dar visibilidade ó seu compromiso co patrimonio galego. Dende o ano 2017 as entidades adheridas á Rede do Patrimonio enchen o mapa de Galicia con actividades, roteiros, conferencias, visitas guiadas e moitas outras actividades. A situación sanitaria actual tamén implica un cambio no xeito de celebrar esta data.
Sara Plaza Moreno acadou o XXXIII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, un galardón instituído pola directiva do Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene en 1987 coa vontade explícita de honrar a memoria do Segrel do Penedo. O xurado encargado de fallar este premio, cuxa entrega está prevista para o 21 de novembro, estivo formado pola poeta Lucía Novas, a crítica literaria Iris Cochón e Carlos Lixó.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (124)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES