
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a exposición Arquitecturas debuxadas, que propón un itinerario visual inédito por Compostela a través dos debuxos do arquitecto, debuxante e pintor Santiago Catalán. A mostra, que pode verse no Museo das Peregrinacións e de Santiago ata o vindeiro mes de febreiro, forma parte da programación trimestral prevista polo Goberno autonómico dentro da súa aposta por que a cultura siga de xeito seguro.
O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade salientou o valor estratéxico da cultura no actual contexto sanitario e remarcou a importancia de manter iniciativas como esta para facilitar que os galegos podan seguir accedendo á ela con todas as garantías e tamén para que as industrias e os profesionais sigan traballando cunha oferta variada que se adapte á situación sanitaria vixente, explicou.
Como engadiu, o Museo das Peregrinacións e de Santiago que vén de conmemorar o seu quinto aniversario na súa sede en Praterías, ofrece con Arquitecturas debuxadas unha visión novidosa e inédita da cidade e dos seus elementos arquitectónicos máis singulares a través de máis de 80 debuxos de fustes, gálibos, cornixas e relevos que reúnen distintos tipos de arquitecturas configurados ao redor da catedral. É unha perfecta maneira de revalorizar o patrimonio cultural galego, especialmente o relacionado coa meta da peregrinación xacobea, engadiu.
A exposición é obra de Santiago Catalán, arquitecto, debuxante e pintor e leva seis anos recollendo elementos das arquitecturas máis representativas das cidades galegas, o que se ten materializado na publicación de dúas obras sobre Lugo e Santiago. Esta mostra poderá visitarse no Museo das Peregrinacións e de Santiago ata o vindeiro 28 de febreiro.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.