
O grupo de química biolóxica, especializado no desenvolvemento de ferramentas químicas para investigación biolóxica, unirase a un consorcio internacional con outros cinco equipos de España, Israel e Portugal e dúas compañías de Francia e Reino Unido para xerar novos biomateriales de grande utilidade na coñecida como industria electrónica limpa ou verde, cada vez máis demandada e utilizada; con novos dispositivos biodegradables e tintas condutoras para impresión dixital e rotulación, explica Vázquez Sentís.
A Comisión Europea financiou a proposta colaborativa deste consorcio cun total de 1,2 millóns de euros para catro anos a través do programa FET-OPEN ( Future and Emerging Technologies), que ten por obxectivo fortalecer grandes proxectos de investigación de alto risco, realizados en colaboración e ligados á creación de novas tecnoloxías rupturistas.
Biolectricidade, versatilidade e transferibilidade
O proxecto e-Prot (acrónimo de efficient conductive protein systems) supón un significativo avance no ámbito da electrónica medioambientalmente sostible á que apunta a fabricación dos dispositivos do futuro. Neste contexto, o binomio bioloxía e electrónica adquire unha importancia crave e nel está a orixe do proxecto e-Prot.
Hai uns anos, os investigadores descubriron no chan e nos sedimentos algunhas baterías que poderían conducir a electricidade utilizando pequenos cables formados por proteínas nunca vistas ata entón. Estes nanocables de proteínas teñen un enorme potencial aplicado á industria electrónica, xa que permitirían baterías potentes e biodegradables ou mesmo construír dispositivos biocompatibles para implantes médicos. O impacto destes novos cables proteínicos vai mesmo moito máis alá das potenciais aplicacións tecnolóxicas e representa un novo tipo de precursores biolóxicos sostibles para a creación dunha nova industria electrónica verde e de novos dispositivos biodegradables, explica Eugenio Vázquez, que asegura que este proxecto colaborativo tenta dar resposta a enfoques novos no campo da bioelectrónica.
O uso xeneralizado de aparellos electrónicos de consumo e as prácticas de obsolescencia incorporadas teñen efectos ecolóxicos devastadores, que dan lugar a unha maior actividade mineira e á produción de grandes cantidades de refugallos de aparellos eléctricos e electrónicos altamente contaminantes, o que se converteu nun importante problema ambiental. A fabricación de compoñentes electrónicos a partir de precursores biolóxicos sostibles representa un avance fundamental para unha industria electrónica ecolóxica e, neste contexto, a produción microbiana sostible de nanocables condutores desenvolvidos en e-Prot, que poden cultivarse a partir de materias primas renovables para a súa produción en masa a baixo custo, contribuirá significativamente a este futuro electrónico ecolóxico.
A electrónica biodegradable tamén dará lugar á creación de novas clases de dispositivos intelixentes implantables e temporais para o diagnóstico/seguimento; a capacidade de fabricar electrónica biocompatible/ degradable utilizando tintas condutoras e procesos de impresión de baixo custo axudará aínda máis á creación de mercados.
O ciclo 'Primeira Fila' fomentará a visibilidade de novos talentos musicais, impulsado pola Fábrica de Chocolate co obxectivo de apoiar a proxección de artistas e bandas e facilitar o seu encontro co público nas salas de concertos de Galicia. O ciclo, que arrincou en maio e xa percorreu as salas de Melide e Santiago de Compostela, continuará en xaneiro con sete novas propostas. A actividade retomarase o 21 de xaneiro en La Conservera, (Viveiro), con 9Louro e Monoulious DOP. No mesmo espazo actuarán Eladio y los Seres Queridos e Capital Voskov, o 13 de febreiro, así como Marisa Valle Roso, o día 20. O 20 de febreiro Taïn ofrecerá un concerto na Sala Jagger, en Lugo, mentres que Santi Araújo estará o 27 de febreiro na Sala Arca de Noé, en Vilar de Santos.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, e a reitora da Universidade de Vigo, Carmen García Mateo, asinaron hoxe un convenio de colaboración para reforzar o acompañamento psicolóxico aos estudantes. Este acordo, dotado con 60.000 euros, dá continuidade ao xa asinado en 2025, un ano no que se os dispositivos de acompañamento psicolóxico das universidades públicas galegas atenderon 370 alumnos.