Archivo (11 del 2020)

Buscador

Noticias

Diversos relatorios que se achegarán ao contexto histórico da emblemática revista Nós no ano conmemorativo do centenario do seu nacemento, integrarán as xornadas ‘Nós e o mundo. O mundo e nós’. O salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC acollerá tres mesas redondas que se desenvolverán entre o 30 de novembro e o 2 de decembro.
A covid-19 obrigou neste 2020 a reinventar Debut, o evento que cada ano permite amosar á cidadanía os resultados do traballo do alumnado do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda/Esdemga da Universidade de Vigo. A situación sanitaria impediu a celebración do habitual desfile, pero non ese propósito da titulación da Facultade de Belas Artes de proxectarse na cidade. Con ese obxectivo, este xoves inaugurouse no Museo de Pontevedra Debut 2020.
Este obradoiro de tradución colectiva e recíproca desenvolverá este ano as súas sesións intensivas de traballo a través da plataforma dixital á que se conectarán as poetas/tradutoras dende Beijing, dende a campiña polaca, dende o cantón italiano de Suíza, dende a capital eslovena, dende a illa de Mallorca e dende Marín. E tamén on-line será o evento capaz de compartir, con todo o público interesado.
O Museo do Mar de Galicia acolle ata o vindeiro 6 de decembro a mostra Identidades latentes, comisariada pola profesora do Departamento de Debuxo Ana Seoane e a artista Neves Seara, e coa participación de nove creadoras vinculadas á Universidade de Vigo: Bibi Martín, Teresa Búa, Melania Freire, Mar Ramón, Silvia García, Rebeca Lar, Itziar Ezquieta, Lisi González e Anubis Muñoz.
Convertidas, como sinalan desde a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), nunha “cita ineludible co eido medioambiental galego”, as Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade celebrarán neste 2020 a súa cuarta edición nas súas datas habituais, na última fin de semana de novembro. Mais a situación sanitaria provocada pola covid-19 obriga a trasladar este evento ao Campus Remoto da UVigo.
Do 18 ó 22 de novembro tivo lugar a Maker Faire Galicia, desta volta nun formato 100% online e dentro dun Museo Gaiás virtual. Os participantes no evento puxeron en valor o innovador plantexamento da organización e a calidade dos contidos que se ofreceron nesta edición. Desde a organización consideran moi relevante o gran salto internacional desta edición, xa que a metade dos visitantes procederon de latinoamérica.
É o primeiro clúster de medio ambiente en Galicia nun sector cunha cifra de negocio de aproximadamente dous mil millóns de euros e en cuxo despegue participan 55 empresas e entidades. Viratec busca ser un referente no desenvolvemento e implementación de tecnoloxías, procesos e solucións ambientais, para incrementar a capacidade tecnolóxica, de innovación e competitividade das empresas galegas do sector.
Expourense, coa colaboración do Clúster da Comunicación de Galicia, celebrou unha edición especial do seu Foro da Comunicación de Galicia centrado en analizar cómo a pandemia ten influido na comunicación corporativa e nas relacións informativas entre institucións, empresas, gabinetes, medios de comunicación e cidadanía. Esta actividade, que se celebrou en formato híbrido, congregou a máis de 200 asistentes desde distintas partes de España ou desde as instalacións de Expourense.
A próxima cita do programa de poesía do Concello da Coruña chega este luns, mais adiantará media hora o seu horario habitual por mor das actuais restricións, e o limitado aforo cubrirase por orde de chegada ao Auditorio do Centro Ágora. Ademais, o evento poderá seguirse por streaming dende a web das Bibliotecas Municipais da Coruña. Os convidados desta sesión do noveno Ciclo POETAS DI(N)VERSOS serán Ángelo Néstore e Ismael Ramos.
Esta semana GIRL STEM conversa con dúas expertas no campo dos videoxogos e deportes electrónicos: Dhaunae de Vir, desenvolvedora de negocio transmedia, e Gisela Vaquero, deseñadora e guionista de videoxogos. As dúas forman parte do movemento Women in games, que axuda, promove e dá visibilidade ás mulleres desenvolvedoras e xogadoras de videoxogos, tanto estudantes, afeccionadas coma profesionais.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (120)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES