
Se o segundo escribe en galego, o primeiro faino en castelán e, de feito, ambos constitúen hoxe nomes imprescindibles para a nova poesía galega e española respectivamente, dende poéticas transformadoras e dunha incuestionable calidade literaria.
Residentes en Noia e en Málaga, Ramos (1994) e Néstore (1986) veñen nas súas obras deconstruíndo o concepto de familia así como do rol masculino dentro dela, achegando perspectivas de enorme diversidade sexo/xénero aos imaxinarios literarios galego e español. Recoñecidos pola crítica dende moi noviños, o galego foi o pasado ano Premio Javier Morote outorgado polas librarías independentes españolas (CEGAL) ao mellor libro publicado por un autor/a novo/a, que se sumou ou ao seu anterior Premio Johan Carballeira de Poesía. O nacido no sur de Italia foi recoñecido en 2018 co Premio Ocaña á súa traxectoria poética no XXI Festival Internacional de Cine LGBT de Extremadura, ademais de ter levado o Emilio Prados ou o Hiperión de Poesía.
Se o noiés ten sido editor, libreiro e responsable de comunicación no eido cultural, o malagueño, que entende a poesía como un territorio queer onde a poesía se hibrida con outras disciplinas como a performance, a música, as artes escénicas ou a narrativa, actualmente co-dirixe o Festival Internacional de Poesía de Málaga Irreconciliables, é director editorial da editorial de poesía Letraversal e profesor no Departamento de Tradución e Interpretación da Universidade de Málaga.
Amos os dous autores estarán ao dispor do público para asinar os exemplares que dos seus títulos achegue unha libraría de proximidade.
POETAS DI(N)VERSOS, Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural e fundado e coordinado por Yolanda Castaño, continuará reunindo mes a mes o mellor da poesía de Galicia e de fóra dela en novas citais presenciais igual de abertas e gratuítas, ata o fin do curso lectivo, e convocará na sesión do 14 de decembro ao autor en asturiano Xuan Bello e á bueuense Miriam Ferradáns.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.