Archivo (11 del 2020)

Buscador

Noticias

A Cidade da Cultura, transformada nesta ocasión nun entorno virtual en 360 graos, acolle un ano máis a Maker Faire Galicia, que estrea un formato totalmente en liña no que argalleiros e argalleiras de seis países diferentes –España, Francia, Portugal, México, Colombia e o Brasil– presentarán os seus proxectos. A través dunha plataforma dixital que recrea o Museo Centro Gaiás, as persoas asistentes poderán interactuar con makers de todas as idades.
'rurALLURE: Promoción de museos e sitios culturais en áreas rurais na contorna dos camiños de peregrinación de Europa' é unha mestura de termos en inglés (rural; lure, atraer e alure, encanto) que dá nome ao proxecto internacional liderado pola Universidade de Vigo, no que participan máis dunha decena de socios de seis países europeos, e que ten por obxectivo a divulgación do patrimonio cultural que rodea ás grandes vía de peregrinación de Europa.
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou mediante videoconferencia na presentación da nova edición dos Días Azuis do Comercio Galego, campaña que se celebrará ata o 30 de novembro co obxectivo de impulsar as vendas do comercio de proximidade e poñer en valor o importante papel económico e social do sector no actual contexto.
As estadías que, ao longo dos últimos anos, o profesor da Universidade de Vigo Alberto Pena realizou en universidades como Harvard, Brown, ou Massachusetts Dartmouth, permitíronlle constatar como, desde finais do século XIX, a inmigración portuguesa nos Estados Unidos promoveu a fundación de polo menos 167 publicacións impresas de diferentes periodicidades e formatos, tanto xornais, como semanarios ou magazines. Os resultados destes anos de pescuda en múltiples arquivos reúnense agora en 'News on the American Dream'.
No apartado de Artes Plásticas o primeiro premio foi para Adriana Brantuas Arijón, coa escultura A memoria do baleiro (Santiago de Compostela); o segundo recaeu en María del Mar Ramón Soriano pola súa peza escultórica titulada Desnudo, juego de bolos (Ourense); e o terceiro premio resultou compartido entre Sara Piñeiro Fernández, coa pintura Pandermia —serie magma, simulacións do corpo ubicuo— (Lalín) e María López Quiroga pola obra pictórica Atlas de xeografía cognitiva (Lugo).
O Director Corporativo Empresas de R, Isidro Fernández de la Calle, xunto a Mar Pereira, Directora da AMTEGA, Fernando Suárez, Presidente do CPEIG, e máis o voceiro do ISMS Forum, Roberto Baratta, presentaron a xornada de clausura do segundo foro CyberSec@GAL, que quere converter a Galicia en referente no campo da ciberseguridade e que desta volta se detivo na normativa, solucións, retos e riscos de seguridade na contorna dixital do teletraballo.
A entrevista coa enxeñeira galega Begoña Vila inaugura o ciclo de conversas da terceira edición do programa GIRL STEM, derrubando estereotipos, que este ano se transforma nunha acción totalmente dixital e pedagóxica para adaptarse ás circunstancias impostas pola covid-19, pero tamén para avanzar cara dinámicas máis eficaces que acheguen recursos cos que traballar de forma transversal nas aulas de todos os centros de Galicia.
Un ano máis a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! organiza obradoiros de radio nas escolas e institutos galegos e portugueses. Sendo fieis á súa traxectoria de difusión da radio nos centros escolares como recurso pedagóxico de achegamento aos medios de comunicación, estamos realizando talleres para ensinar e motivar ao alumnado co mundo radiofónico.
A III Semana da Ciencia do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC bota a andar cun programa de actividades para todos os públicos e en liña que poderá seguirse a través da súa canle de YouTube. O relatorio da experta en ondas gravitacionais, Gabriela González, o 10 de novembro, será o acto central dunha semana na que se abordará a Física dende múltiples perspectivas.
Este martes arrancou a través do Campus Remoto da UVigo o ciclo de conferencias Empresa familiar e sostibilidade, organizado pola Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo coa colaboración da Asociación Galega de Empresa Familiar. Na sesión, representantes tanto do eido académico como empresarial afondaron en como afrontan as empresas familiares galegas a aposta pola economía circular reducindo o consumo de materias primas e a xeración de residuos finais.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (125)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES