Notas de prensa

O certame Xuventude Crea premia o talento das mozas e mozos galegos nas disciplinas de fotografía e artes plásticas

No apartado de Artes Plásticas o primeiro premio foi para Adriana Brantuas Arijón, coa escultura A memoria do baleiro (Santiago de Compostela); o segundo recaeu en María del Mar Ramón Soriano pola súa peza escultórica titulada Desnudo, juego de bolos (Ourense); e o terceiro premio resultou compartido entre Sara Piñeiro Fernández, coa pintura Pandermia —serie magma, simulacións do corpo ubicuo— (Lalín) e María López Quiroga pola obra pictórica Atlas de xeografía cognitiva (Lugo).

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe a mostra das obras finalistas nas categorías de Fotografía e Artes Plásticas do certame Xuventude Crea 2020, que estarán expostas ao público na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela ata o vindeiro día 21 de novembro. Na visita déronse a coñecer as creacións gañadoras do programa, que ten como obxecto impulsar o talento, a creatividade e a innovación das mozas e mozos galegos.

Na edición deste ano presentáronse un total de 88 obras na modalidade de Fotografía e 61 obras na de Artes Plásticas (41 pinturas e 20 esculturas). De todas as creacións presentadas, seleccionáronse como finalistas 32: 18 na especialidade de Fotografía e 14 na de Artes Plásticas (4 esculturas e 10 pinturas).

No apartado de Artes Plásticas o primeiro premio foi para Adriana Brantuas Arijón, coa escultura A memoria do baleiro (Santiago de Compostela); o segundo recaeu en María del Mar Ramón Soriano pola súa peza escultórica titulada Desnudo, juego de bolos (Ourense); e o terceiro premio resultou compartido entre Sara Piñeiro Fernández, coa pintura Pandermia —serie magma, simulacións do corpo ubicuo— (Lalín) e María López Quiroga pola obra pictórica Atlas de xeografía cognitiva (Lugo).

Ademais, concedeuse unha mención de honra á escultura feita por Lois Anxo Cid García e titulada Pedra universal (Ourense).

As mellores fotografías

Pola súa parte, na especialidade de fotografía, os premiados foron: Helena Lafuente González, gañadora do certame coa obra O pasado esquecido (Bergondo); o segundo premio foi compartido por Cecilia López Prego con Nihil timeo (Oleiros) e Eva Antelo Mata coa instantánea Contratempo. Canción triste do nunca habilitado nº2 (Santa Comba); e terceiro premio tamén outorgouse compartido entre Adrián Vázquez Rodríguez coa proposta titulada A outra festa (Lugo) e Olaya Rodríguez Pérez pola fotografía A sombra da utopía (Verín).

Nesta modalidade tamén se concederon dúas mencións de honra a Sergio Barral Roo por Natureza viva na avoa (Noia); e a Coral Hermo Calvo pola obra Coleccionista de mundos. Parte I (Noia).

Catorce categorías

O programa Xuventude Crea vai dirixido a mozas e mozos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 16 e os 30. Ademais de Fotografía e Artes Plásticas, o certame premia as mellores creacións noutras 12 disciplinas: Teatro, Banda deseñada, Cociña, Creación de videoxogos, Danza moderna, Deseño de xoias, Graffiti, Moda, Música, Novela Curta, Poesía e Videocreación.

Xa se coñecen tamén os gañadores na categoría de Teatro, que foron os grupos Palimoquiños e Cía de Lugo (primeiro premio); Loghengrin Teatro de Vigo (segundo clasificado) e Farándula Velutina de Corcubión (terceiro premio). Así mesmo, mañá sábado terá lugar a fase final da especialidade de Graffiti na Alameda de Santiago de Compostela, a partir das 12,30 horas.

Os premios para cada especialidade son de 3000 euros o primeiro premio, 1500 euros o segundo premio e 1000 euros o terceiro premio. O xurado tamén pode outorgar mencións de honra, sen dotación económica.

Certame Xuventude Crea, 2020-11-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES