
As ondas gravitacionais, detectadas por primeira vez en 2015, brindan unha forma inédita de coñecer o Universo que non depende da luz da que ata o de agora nos serviamos. Grazas a interferómetros extremadamente precisos, é posible "escoitar" as colisións máis violentas e espectaculares de obxectos como buracos negros e estrelas de neutróns a miles de millóns de anos luz de distancia, que engurran o espazo-tempo pola súa extrema gravidade. Afondar en que se descobre coas ondas gravitacionais e que achados depararán no futuro os detectores espaciais planeados é a finalidade da conferencia ‘A que soa o Universo?Â’ da exvoceira de LIGO, Gabriela González, presentada polo fÃsico, divulgador e youtuber Javier Santaolalla a partir das 20.00 horas do dÃa 10.
Entrega de premios e debate
A entrega dos galardóns correspondentes ao III Concurso de Comunicación CientÃfica do IGFAE terá lugar o 11 de novembro a partir das 18.00 horas. O certame estruturado nas modalidades de monólogos, artigos e vÃdeos divulgativos poderá seguise nesta ligazón. Ese mesmo dÃa, a partir das 19.00 horas, celebrarse o debate ‘FÃsica: unha ciencia sen xénero?Â’. Neste eido, a falta de presenza feminina comeza nos estudos de grao, nos que as alumnas representan en torno ao 30%, e a medida que se ascende na carreira investigadora a situación empeora, mesmo máis segundo a especialización, como sucede coa FÃsica Teórica. Neste debate, tres expertas en igualdade de xénero poñerán sobre a mesa algúns datos e iniciativas que se están a desenvolver para reverter esta situación. Ana Jesús López DÃaz, presidenta de AMIT- Gal e vicepresidenta do Grupo de Mulleres en FÃsica da Real Sociedade Española de FÃsica; Yolanda Lozano de Gender in High Energy Theory - CERN e Beatriz G. Plana do IGFAE integrarán este foro.
Transfronteirizas
O escritor, músico, actor, condutor de radio e televisión arxentino, Alejandro Dolina, participará no quinto diálogo do ciclo 'Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia' cuxo obxectivo é explorar o binomio arte-ciencia con personalidades do ámbito cultural e artÃstico. O encontro será moderado polo investigador do IGFAE José Edelstein e poderá seguirse en directo, o xoves 12 de novembro, ás 20.00 horas.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Asà o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos paÃses e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.