
O deseño dos Obradoiros de Radio que presentamos está baseado na experiencia que a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! Atesoura, despois dunha práctica ininterrompida dende hai máis de 25 anos e de ter impartido moitos obradoiros en escolas e institutos ao longo deste tempo. Os obradoiros están dirixidos a centros de infantil, primaria e secundaria, e neles interveñen tanto o alumnado como o profesorado. O obxectivo e realizar unha experiencia de radio escolar, fomentando a expresión oral e a redacción.
A través dunha sesión que se desenvolverá de xeito presencial ou por videoconferencia para aquelas escolas que, por mor da pandemia na que estamos inmersos, elixan esta modalidade. Usando a plataforma Webex, que permite a docencia remota ao tempo que posibilita a interacción práctica co alumnado, propomos a realización dun obradoiro dinámico, entretido e didacticamente útil.
Tanto no obradoiro presencial como no realizado enliña, traballamos os tres temas básicos que conforman a realidade do medio radio na actualidade:
- Oralidade: dicción e proxección da voz, a locución e interpretación coa voz.
- Edición de son: utilizando o programa de distribución libre Audacity ensinarase a gravación e edición do son, e a preparación e creación de podcasts, e o aloxamento en plataformas dixitais.
- Radio en directo: Montaxe dunha emisora, estrutura dunha emisión: sintonÃas, cortes de voz, cortes de música, diferenza entre locución e control técnico, elaboración dun programa, deseño e tipoloxÃa de programas, como elaborar un guión e unha escaleta, temas a tratar, música para incluÃr nos programas.
REMATADO O PRAZO DO 3º CERTAME “AS IMAXES DO PATRIMONIO“
Unha vez finalizado o prazo prorrogado até o 31 de outubro, foron 390 imaxes e textos, procedentes de ducias de centros educativos galegos e portugueses, presentados para esta 3ª edición do Certame.
O xurado, integrado por fotógrafos e antropólogos dará a coñecer o seu fallo o vindeiro 16 de novembro coincidindo co DÃa Mundial do Patrimonio.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.