
Elena Rivo, co-directora da Cátedra Empresa Familiar xunto a Santiago Lago, salientou na presentación da sesión como esta iniciativa busca expor exemplos de economÃa circular, “que é algo que agora soa moito pero que moitas veces non se coñece o contido”. Neste senso apuntou como “ás veces parece que cando falamos de economÃa circular falamos de algo moi sofisticado pero pódeno facer todas as empresas”, facendo fincapé na relación entre empresa familiar e sostibilidade. Pola súa banda, Margarita Hermo, directora da Asociación Galega de Empresa Familiar, lembrou “o compromiso coa contorna na que estamos situados” das empresas familiares e como esa contorna “é a sostibilidade, a sostibilidade social, a sostibilidade ambiental”. Neste contexto, lembrou como o “Pacto Verde Europeo, que pretende converter Europa no primeiro continente climaticamente neutro para 2050”, é un proxecto “moi ambicioso” pero amosou a súa confianza en que “as empresas familiares galegas colleremos a luva, traballaremos dunha forma aunada para pór en marcha ese sistema de aproveitamento, de pór en valor todos os nosos recursos”.
O profesor titular de EconomÃa Aplicada da UVigo Miguel RodrÃguez, que participou na elaboración da Estratexia Galega de EconomÃa Circular da Xunta, foi o encargado de esbozar o marco xeral da economÃa circular nesta sesión. “A economÃa circular é unha tendencia, unha prioridade en Europa a medio e longo prazo, vinculada a obxectivos ambientais pero tamén a obxectivos económicos e de emprego e por tanto as empresas deben apostar por ela, cada empresa dentro das súas capacidades, Non fan falta grandes desenvolvemento tecnolóxicos para facer economÃa circular”, afirmou. O profesor explicou como “canto maior é a nosa renda per cápita maior é a nosa capacidade para consumir bens e servizos e ese consumo necesariamente ten un impacto ambiental”. Fronte a este impacto apuntou como “as tres receitas básicas” son reducir o consumo a aquelo que é necesario; recircular ao máximo eses recursos con actividades de reciclaxe e reutilización e cando non sexa posible xa a recirculación, devolver os recursos á natureza nun estado que permita a súa absorción sen xerar contaminación.
Do familiar ao global
Esta primeira sesión do ciclo contou coa participación de Josefa de León, de Agroamb Prodalt SL, e Maite González, de Cuevas Marrón Glacé. Maite González salientou como “a experiencia amósanos que adoptar un sistema que é sostible ten claras vantaxes: axúdanos a xestionar mellor os residuos, melloramos a nosa relación cos grupos de interese, mellora a nosa imaxe de marca... A sostibilidade, desde o meu punto de vista e creo que o temos todos claro, non está rifada con rendibilidade”. Apuntando como “a sostibilidade marca a diferencia”, a representante de Cuevas Marrón Glacé dixo que “para somerxernos na circularidade empecemos por concienciar a todo o noso equipo, vaiamos a identificar os potenciais dos nosos residuos e buscar alianzas de valor cun espÃrito colaborativo”. Durante a súa intervención expuxo como na súa empresa se valorizan subprodutos como a castaña e marrón glacé rotos, o “destrÃo” ou castañas con defectos, as peles da castaña e o caldo de azucre, destinando por exemplo as castañas con defectos a alimentación animal, as peles a combustión e o caldo de azucre a apicultura.
Pola súa banda, Josefa de León, de Agroamb Prodalt SL, tamén, ademais de expor exemplos de circularidade na súa empresa, subliñou a importancia de apostar pola sostibilidade. “A saúde do planeta está intimamente ligada coa saúde das persoas e esa saúde do planeta pasa por volver ao local, por deixar esa deslocalización da industria e pór o foco nas persoas”, afirmou. Na súa opinión, dixo, “agora non é só o momento de gobernos e empresas senón tamén dos consumidores e debemos ser cada vez máis máis esixentes, informarnos, saber que estamos consumindo, que estamos comprando e apoiar ás empresas con propósitos, a esas empresas que teñen unha ética e que coinciden cos nosos valores”.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Asà o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos paÃses e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.