Buscador
Noticias
Nesta iniciativa, que se enmarca na celebración do Ano Cunqueiro, distribuiranse 10.000 exemplares da antoloxía gastronómica e literaria Na mesa con Cunqueiro. Preténdese reforzar o papel de difusión e prestixio da cociña galega como reclamo turístico.
A Agadic convoca as axudas ás industrias culturais 2011 por un importe total de 1.370.000 euros para seis modalidades. Incorpórase un apartado para salas de música ao vivo, mentres que o apoio ás compañías residentes e ao asociacionismo profesional materialízase mediante convenios.
A revista Ao Vivo Música dedica a portada do seu novo número ao décimo quinto aniversario de Berrogüetto.Editada pola Axencia Galega das Industrias Culturais, a publicación distribúese de xeito gratuíto nas salas asociadas á Rede Galega de Música ao Vivo.
O festival mostra o 4 de xuño na Cidade da Cultura unha ducia de creacións que irán dende experiencias sonoras ata espectáculos de danza, performances ou a proxección dunha escolma de videocreacións realizada por creadores galegos.
A Consellería de Cultura expón no museo de Viladonga por primeira vez ao público lousas decoradas que se utilizaban hai vinte séculos no Castro de Formigueiros. Presenta ata setembro a posta en valor das formacións castrexas da provincia de Lugo.
O Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) presenta a mostra Estades preparados para a televisión?, na que propón unha reflexión sobre o medio e o artista e ofrece fragmentos de programas únicos, transgresores e con pegada.
A xornada Letras Galegas e Internet acolleu a presentación das principais novidades en tecnoloxías da fala e da información e da comunicación en galego como ecursos para a corrección e a tradución de textos, dicionarios, formación en liña e programas informáticos.
A Fundación Deporte Galego convoca bolsas para deportistas galegos de alto nivel co obxectivo de mellorar a súa preparación e apoiar a clasificación para as Olimpiadas a través do programa Galicia-Londres 2012.
O Salón Teatro acolle a mostra de fotos Contrapontos Visuais e máis o espectáculo Medea llama por cobrar, como extensión do Fitei. O patio de butacas utilízase por vez primeira como espazo expositivo e o 1 de xuño recibe o monólogo do grupo ecuatoriano Zero no Zero Teatro.
As funcións monicreques que achegarán aos rapaces ao mundo da música, da pintura ou da linguaxe están producidas pola compañía galega Galitoon, que combina muppets clásicos, como os de Barrio Sésamo.