A Cidade da Cultura e o Centro de Novas TecnoloxÃas do Pico Sacro (TPS) organizan o sábado 4 de xuño a segunda edición do Festival Vibracional TPS, unha xornada completa de eventos artÃsticos nacionais e internacionais baseados na improvisación libre. A Biblioteca, o Arquivo de Galicia e os exteriores do Gaiás acollerán ao longo de todo o dÃa unha ducia de propostas sonoras, audiovisuais, espectáculos de danza ou performances baseados na improvisación libre.
A técnica artÃstica da improvisación libre naceu na década dos sesenta en Alemaña e o Reino Unido moi unida á música, en concreto o free jazz, a música electrónica, a música clásica contemporánea ou a expresións da música popular. Como estilo, a improvisación libre está presente dende fai tempo noutras disciplinas e ámbitos, como nas tradicións artÃsticas e rituais de moitas culturas, nos movementos das vangardas históricas, como pode ser o dadaÃsmo, o surrealismo ou o expresionismo e na práctica da performance e a danza. As creacións artÃsticas baseadas na improvisación están moi asociadas á actitude de escoita, á comunicación e interacción entre os participantes, á espontaneidade e á apertura ó azar, á exploración dos propios recursos expresivos e á búsqueda de novas paisaxes e territorios artÃsticos.
O festival, de entrada libre e de balde, trae a Cidade da Cultura a algúns dos nomes máis consolidades no campo da improvisación libre, como Llorenç Barber. Este músico valenciano, que leva dende a década dos setenta neste eido artÃstico, presentará “Campanadas y otras Barberidades”, unha proposta baseada no son das campás e doutros metais.
Outra das actuación a destacar é a “cita a cegas” entre Paolo Angeli e Germán DÃaz, que tocarán xuntos por vez primeira. Angeli fará soar a súa guitarra sarda, un instrumento con 18 cordas que incorpora martelos, pedais e hélices de paso variable. Onda a él estará a zanfona de Germán DÃaz, un virtuoso deste instrumento, que ten traballos tan galardoados como “Músicas populares de la Guerra Civil”, elixido segundo disco do ano en 2009 por Cadernos do Jazz e mellor disco internacional pola veterana revista Jazz Tokio.
O peche correrá a cargo de O.M.E.Ga, a Orquestra de Música Espontánea de Galicia, un proxecto colectivo de vinte músicos galegos de diversa procedencia que traballa no eido da música improvisada baixo a condución xestual. O director emite unha linguaxe de sinais prefixada que os músicos deben interpretar en tempo real nunha retroalimentación constante sustentada na atención mutua.
Como complemento, presentarase unha escolma de traballos de creadores audiovisuais galegos, un conxunto de vÃdeos que se proxectarán en bucle todo o dÃa no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura, e que se caracterizan pola procura de novos camiños de expresión.
O Centro de Novas TecnoloxÃas do Pico Sacro (TPS), organizador deste festival, é un colectivo de creadores multidisciplinares con interese na práctica e divulgación da improvisación libre. Creouse no ano 2003 e dende 2006 ven desenvolvendo unha programación estable de eventos a través das Sesión Vibracionais do TPS en colaboración coa sala NASA de Santiago. En 2007 converteuse no principal catalizador da Orquestra de Música Espontánea de Galicia O.M.E.Ga e no 2009 desenvolveu en Santiago a primeira edición do Festival de Improvisación TPS.
A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodÃa a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co DÃa do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o DÃa da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do DÃa das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co DÃa das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.