Buscador
Noticias
Coincidindo coas Letras Galegas, celébrase o Día de Internet como xornada destinada a difundir as posibilidades que brinda a Rede ás tecnoloxías da información e das comunicación, e tamén a lembrar os retos que aínda quedan por afrontar nun ámbito que xera de forma directa ou indirecta 23.400 millóns do PIB anual e contribúe á transformación da sociedade.
Dirixida ao público familiar, a comedia musical Moito Conto está protagonizada por Mónica García, Guillermo Carbajo e Tamara Canosa, e baséase no conto Hansel e Gretel.
A Illa de San Simón acolle o 13 de maio un simposio internacional de protocolo con destacados expertos en comunicación institucional procedentes de España, Portugal e Latinoamérica.
Universidad 2.0. En busca da Innovación Educativa é o lema da conferencia na que se dan cita os especialistas co obxecto de compartir experiencias, inquietudes e definir a aplicación das TIC no escenario da educación superior, de xeito particular no uso de contidos e plataformas dixitais.
O Xacobeo e a USC colaboran na oferta formativa para o coñecemento de Galicia e do Camiño de Santiago nas universidades coreanas de Kyung Hee University, Pyeongtaek University e Universidade Hankuk.
O ditame fai fincapé na necesidade de respectar as regras básicas dos acordos comerciais da Unión Europea (UE) no sentido de non derrogar os requirimentos referidos ás regras de orixe dos produtos provenientes de países socios.
O presidente do ente público Portos de Galicia foi o encargado da apertura da xornada, que pon en valor un novo deseño construtivo sostible, eficiente e integrador, do século XXI. A xornada contou coas ponencias de reseñados arquitectos como César Portela, entre outros.
O director de Agadic presentou a programación especial do Ano da Música que, con máis de mil actos previstos, busca impulsar a visibilidade social do sector con circuítos específicos, festivais, concertos no Escenario Gaiás e a creación da figura dos embaixadores e dos Premios da Música de Galicia.
No pudieron Jesús Ferreiro y Javier Anido terminar el Rallye de Talavera Histórico, segunda cita de la Copa de España de Históricos en el apartado de velocidad, debido a la rotura de un palier en el Porsche 911 RS cuando tan solo restaban tres tramos para finalizar la prueba.
A falta de dous meses para o único concerto que o director arxentino Daniel Barenboim e a Staatskapelle Berlin ofrecerán en Galicia, o día 8 de xullo no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela , xa non queda localidades dispoñibles.