Notas de prensa

Esgotadas as entradas para o concerto de Barenboim no ciclo Galicia Classics

A falta de dous meses para o único concerto que o director arxentino Daniel Barenboim e a Staatskapelle Berlin ofrecerán en Galicia, o día 8 de xullo no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela , xa non queda localidades dispoñibles.

As entradas para o concerto de Daniel Barenboim, incluído na programación do ciclo Galicia Classics, que se celebrarán no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela o 8 de xullo, xa están esgotadas. Esta actuación, incluída no Ano da Musica 2011, será o único concerto que Daniel Barenboim, o máis respectado director de orquestra do nosos tempo, ofrecerá en Galicia xunto a Staatskapelle Berlin, formación da que é titular.

Daniel Barenboim, que con esta actuación inaugurará esta nova xira española, dirixirá no Auditorio compostelán as sinfonías números 1 e 2 de Anton Bruckner, consideradas "catedrais do sinfonismo", nun concerto que servirá ademais para conmemorar os 800 anos da Catedral de Santiago. Daniel Barenboim, premio Príncipe de Asturias das Artes, pasa por ser o mellor director de hoxe. Combina a dirección musical da Scala de Milán coa titularidade da Staastkapelle Berlin, un dos conxuntos máis antigos e prestixiosos de Europa.

Doutra banda, xa poden adquirirse as localidades para outros dous destacados concertos que este ano ofrece a Galicia Classics. O próximo 4 de xuño, no Auditorio de Galicia, a mezzo Elina Garanca, a Carmen oficial de Metropolitan de Nova York, ofrecerá un concerto coa Real Filharmonía de Galicia no que interpretará unha selección de arias de óperas e romanzas de zarzuelas. Asemade, o 28 de maio no Teatro Colón da Coruña, o tenor Gregory Kunde regresa ao festival no que ano pasado logrou un gran triunfo persoal coa estrea en España de "Guillaume Tell" de Rossini. Kunde. Gregory Kunde ofrecerá un programa de arias de óperas de Verdi, Rossini e Gounod xunto a cancións de compositores norteamericanos.

O ciclo Galicia Classics recolle a estela do Xacobeo Classics en canto ao esquema da súa programación, e nace co obxectivo de ofertar concertos de primeira calidade para complementar as programacións musicais que xa existen en Galicia, aportando actuacións de primeiro nivel internacional, sen esquecer a música de autores galegos. Entre os meses de febreiro e decembro programáronse preto dunha trintena concertos de música clásica nas sete cidades galegas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-05-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES