Notas de prensa

A conferencia Universidade 2.0 analiza o emprego das TICs no ensino superior

Universidad 2.0. En busca da Innovación Educativa é o lema da conferencia na que se dan cita os especialistas co obxecto de compartir experiencias, inquietudes e definir a aplicación das TIC no escenario da educación superior, de xeito particular no uso de contidos e plataformas dixitais.

O encontro inaugurouse en Ciencias da Comunicación (Santiago)
Universidades, editoriais, produtores de software e especialistas en TIC aplicadas á educación reúnense por vez primeira en Galicia para reflexionar sobre o presente e futuro da educación contemplada dende a perspectiva das tecnoloxías dixitais e a comunicación. ‘ Universidad 2.0. En busca da Innovación Educativa’ é o lema da conferencia na que se dan cita os especialistas co obxecto de compartir experiencias, inquietudes e definir a aplicación das TIC no escenario da educación superior, de xeito particular no uso de contidos e plataformas dixitais.

O encontro celebrase o xoves 12 de maio na Facultade de Ciencias da Comunicación. A inauguración celebrouse nun acto que contou coa asistencia do secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, da vicerreitora de Persoal Docente e Investigador da USC, Carmen Fenrández Morante, e dos vicerreitores de Economía e Planificación da Coruña, José M. García Vázquez, e de Calidade da Universidade de Vigo, Mª Elena Sierra Palmeiro.

De modo práctico, a xornada inclúe no seu desenvolvemento a utilización de novas ferramentas dixitais, como un atril ou unha pizarra dixital interactiva. Ademais, xunto coas conferencias desenvólvense mesas redondas que permitirán o debate e a análise de casos de éxito no eido da educación e as TIC.

Os promotores desta iniciativa apuntan que Universidade 2.0 é o único evento de novas tecnoloxías no ensino superior galego que agrupa o coñecemento achegado por parte das editoriais, coas tecnoloxías e coas institucións universitarias de Galicia, entendidas como transmisoras de coñecemento. No desenvolvemento do programa, participan representantes de editoriais como Pearson, Springer, Elsevier, Meubook, Netex e Netbiblo; empresas tecnolóxicas como Microsoft, Intel, Google, Oracle, Smart Technologies e Crambo Visuales; así como centros de educación superior e universidades.

Desenvolvendo o propio obxectivo da conferencia, na xornada programada estanse a poder avaliar as aplicacións prácticas do uso das tecnoloxías mediante a utilización dunha pizarra e un atril interactivos. Este mesmo é o eixo dun dos casos de éxito mostrados, no que representantes da Universitat Rovira i Virgili expoñen as súas experiencias neste eido.

Logo do acto inaugural, o profesor da Universidade Camilo José Cela Alejandro Borges pronunciou a conferencia ‘Retos educativos no contexto económico e social. A transformación da educación. Deseguido, César García, socio fundador de Crambo e experto en solucións de integración audiovisual, presentou un relatorio sobre a integración da tecnoloxía audiovisual na educación superior.

Seguiulle a primeira mesa redonda da xornada, estando dedicada a reflexionar sobre contidos dixitais para a educación e a formación, na que os temas a tratar foron a creación, etiquetado e catalogación; estandarización dos procesos; distribución; o e-learning como tendencia imparable; e experiencias dos usuarios. Nunha segunda mesa redonda o tema de análise foi ‘Centros, sistemas e plataformas educativas en liña. Adaptación ao novo espazo escenario do EEES’.

Completando a sesión matinal, o responsable comercial de Produtos Enterprise 2.0 de Oracle España, Manuel Melle, presentou unha conferencia na que analiza os retos e vantaxes de construír unha plataforma social universitaria.

Pola tarde, a partir das 15:30 horas, o director de estratexia de Plataforma de Microsoft Ibérica, Luis Miguel García de la Oliva, abre a quenda de intervencións falando sobre ‘Cloud Computing en educación’. Continua o programa coa mesa redonda ‘Innovación e creatividade na educación. O material cultural, bibliotecas, dereitos de autor’, na que se inclúe a presentación dunha experiencia desenvolvida na Universidade Rovira i Virgili arredor da pizarra dixital.

A xornada remata coa celebración de tres obradoiros simultáneos sobre Innovación e tecnoloxía colaborativa na Universidade; A integración de elementos audiovisuais en contornos de ensino; e sobre Uso da plataforma Moodle para a Alfabetización en Biblioteca.

A Consellería de Educación está representada no encontro “Universidade 2.0: en busca da innovación educativa”

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estivo presente no encontro “Universidade 2.0: en busca da innovación educativa”; a través do secretario xeral de universidades, José Alberto Díez de Castro, en Santiago de Compostela.

Neste primeiro encontro, celebrado na facultade de Comunicación, ten como obxectivo compartir experiencias, inquietudes e realizar debates sobre a aplicación das TIC no escenario da educación superior, especialmente no relativo a uso de contidos e plataformas dixitais.

Durante a súa intervención o secretario xeral destacou que “a aposta decidida pola innovación non debe limitarse a un aumento da diversidade de contidos da oferta educativa das nosas universidades, ante todo, debe orientarse á introdución de novas metodoloxías docentes e á aplicación de innovadoras tecnoloxías ao ámbito do ensino universitario. Estamos a asistir a un cambio provocado polas novas tecnoloxías que non só afectará positivamente á forma de impartir as ensinanzas universitarias, senón que implicará unha modificación substancial nas tradicionais relacións profesor-alumno”.

Por outra banda o secretario xeral dixo que “a xeneralización destas novas tecnoloxías constitúe un dos máis urxentes e necesarios pasos que as universidades han de dar e á que terán que destinar maiores recursos impulsando, á vez, tanto a modernización das súas instalacións e equipos coma a formación dos seus profesores”.

Cómpre destacar que a xornada conta coa colaboración de diversas editoriais e con soportes tecnolóxicos, que aportaron a información que será transmitida a través de docentes universitario.

Están programados varios obradoiros, xirando un deles en torno a innovación e tecnoloxía de colaboración na universidade que ten como obxectivo traballar as estratexias eficaces de adopción tecnolóxica na ensinanza universitaria. Nas outras reunións falarase sobre a integración de elementos audiovisuais no entorno da ensinanza e sobre o uso da plataforma Moodle para alfabetización internacional das bibliotecas.

Fotografía: USC

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) + Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-05-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260619-xunta.JPG) O programa formativo Medrando Xuntas permitiu que as mulleres participantes traballasen habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomentou a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se deron a coñecer proxectos que están a transformar a economía. En primeiro lugar, Medrando Xuntas contou cun programa formativo para reforzar a súa participación nas entidades de economía social. En segundo lugar, a formación para directivas estaba dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara ao liderado.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa tempada 2026/27, 'Memoria', unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual.
A sala Normal acolleu a presentación da publicación 'De Esmelle a Ãtaca', unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica. O acto, protagonizado por unha das autoras, María Besteiros, foi aberto pola vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña, Cristina Naya.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES