
O volume presentado é unha aposta, afastada do enfoque conmemorativo convencional, que propón unha lectura activa da obra de Caamaño coa que prolongar e actualizar as liñas teóricas e estéticas que a caracterizan e que a sitúan como unha figura central da literatura galega contemporánea.
Partindo do par de novelas Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer do azul, o binomio Pedreira-Besteiros desenvolve cadansúa proposta ficcional coa que dialogar directamente coa obra da autora homenaxeada. Ambas abordan cuestións centrais do seu pensamento literario, como a reescritura feminista dos mitos artúrico e clásico, a subversión dos relatos patriarcais e a recuperación das voces femininas tradicionalmente silenciadas.
A obra estrutúrase en tres partes. A primeira, de carácter conxunto, establece o marco teórico e simbólico da proposta, situando o mito como ferramenta crítica dentro da literatura galega contemporánea. A segunda correspóndese coa ficción creada por Emma Pedreira, inspirada en O divino sainete de Curros Enríquez, e centrada na relectura da mitoloxía artúrica a través da figura de Morgana en Esmelle. Finalmente, a terceira parte recolle a proposta de María Besteiros, que toma como referencia De catro a catro de Manuel Antonio para construír unha travesía literaria arredor da mitoloxía clásica e da figura de Circe.
A obra incorpora postais e colaxes xunto cos textos, que reforzan a idea de viaxe e de escritura en movemento, ampliando o significado das propostas narrativas. A través das súas páxinas, pon de manifesto a vixencia do pensamento e da escrita de Begoña Caamaño, quen fixo da lingua un lugar de resistencia, do mito unha ferramenta de cuestionamento simbólico e da literatura un compromiso coa vida. Para a Universidade da Coruña, esta publicación reafirma o compromiso institucional por difundir a literatura galega e promover unha reflexión cultural baseada en valores igualitarios e contemporáneos.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.