Archivo (5 del 2011)

Buscador

Noticias

Na inauguración da X Bienal Internacional Pintor Laxeiro, no Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín, o conselleiro de Cultura e Turismo afirmou que este certame “atesoura dúas décadas de firme aposta pola difusión das artes plásticas e da cultura galega, feito que nos permite ser testemuñas das novas creacións artísticas”.
Na presentación do libro A Catedral de Santiago. Beleza e Misterio, editado polo Consorcio de Santiago en conmemoración do VIII Centenario da Catedral compostelá, o conselleiro de Cultura dixo que logo do Xacobeo 2010 apostarán pola difusión do Camiño.
A xornada está organizada pola Consellería de Cultura e Turismo no marco do Proxecto Ultreira que promove o turismo sostible cultural, relixioso e patrimonial vinculado ás rutas marítimas e interiores a Compostela.
Como gañadores de Vas sacar nota, Agadic e a Radio Galega, organizadora deste concurso de cancións, colaboran na promoción e difusión dos vencedores deste certame. Premios do xurado e do público, respectivamente, cada un dos intérpretes ofrece seis concertos noutras tantas salas asociadas.
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial presentou en Vigo un estudo sobre o impacto das peaxes na economía da Eurorrexión. A Xunta reitera a súa petición de que se facilite a compatibilidade entre os sistemas de peaxes de Galicia e o norte de Portugal.
Sergio Zearreta e Xavier Pan encabezan o elenco deste drama interpretando a amizade que xurde nunha sala de diálise entre dous homes de mundos antagónicos. Recibiu o Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2005, o Premio Nacional de Literatura Dramática 2007 e o María Casares 2011.
O Salón Teatro de Compostela abre a súa programación coa interpretación, a través do formato de espazo radioescénico, fragmentos das obras finalistas. Ana Romaní e Anxo Quintela conducen o programa e Ana Vallés asina a dirección artística.
A Fundación Galicia Europa celebra o Día de Europa montando un crebacabezas xigante da Unión Europea (UE) en Lalín. 50 alumnos de primaria colocan as pezas representativas dos 27 estados membros en 81 metros cadrados da superficie que representa a UE no crebacabezas.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2026 (165)

2025 (339)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES