
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director-apoderado da Fundación Galicia Europa, Jesús Gamallo, e o tenente de alcalde de Lalín, Román Rodríguez, asistiron esta tarde á montaxe dun quebracabezas xigante da Unión Europea con motivo da celebración do vindeiro Día de Europa. A actividade, promovida pola Fundación Galicia Europa, forma parte dos actos de conmemoración do nove de maio.
Arredor de 50 nenos dos centros de primaria Sagrado Corazón e Manuel Rivero de Lalín armaron, no pavillón deste último colexio, un crebacabezas de 81 metros cadrados de superficie que representa a UE. Os estudantes, que se dividiron por grupos, foron os responsables de colocar as pezas coa forma dos 27 Estados membros no seu correspondente lugar, compoñendo a xeografía comunitaria.
9 de maio, día de Europa
O próximo luns 9 de maio, Europa conmemora a Declaración Schuman, que este ano cumpre o seu 61º aniversario. Este pronunciamento do ministro de Exteriores francés supuxo a pedra angular sobre a que hoxe se asenta a Unión Europea, na que conviven case 500 millóns de cidadáns.
Durante estas datas todos os Estados membros organizan actos cos que achegar o labor das institucións da UE aos seus habitantes e promover así a conciencia europea. Con este mesmo propósito, a Fundación Galicia Europa inicia as celebracións cunha actividade dirixida aos máis pequenos, pois a sensibilización cos asuntos comunitarios desde a infancia é unha ferramenta clave para o fomento do espírito e dos valores europeos.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.