
Os cantantes e compositores Pablo Costas e Gustavo Almeida inician as súas respectivas xiras dentro da Rede Galega de Música ao Vivo, circuÃto promovido pola Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), como gañadores dos premios do xurado e do público do concurso de cancións Vas Sacar Nota. A entidade da ConsellerÃa de Cultura e Turismo colabora deste xeito coa Radio Galega, organizadora do certame, na promoción e difusión dos vencedores da edición de 2010 a través dun total de 12 actuacións en salas de toda Galicia.
Gustavo Almeida abre este ciclo co concerto que ofrecerá o venres 6 na Fábrica de Chocolate de Vigo, ao que seguirán os do Ultramarinos de Santiago (dÃa 11), Garufa da Coruña (dÃa 20), Pub Gatos de Melide (dÃa 21), Auriense Café Cultural de Ourense (3 de xuño) e Bar Liceum do Porriño (10 de xuño).
Madurez interpretativa
Pola súa banda, Pablo Costas actuará no Bâbâ Bar da Coruña (20 de maio), Contrabajo de Vigo (27 de maio), Auriense Café Cultural de Ourense (28 de maio), Clandestino de Nigrán (3 de xuño), Clavicémbalo de Lugo (9 de xuño) e Pub Gatos de Melide (10 de xuño). O músico de Cangas gañou o premio do xurado de Vas Sacar Nota coa canción Que nos pasou, elixida entre o total de 15 preselecciondas a través dos votos emitidos pola audiencia da Radio Galega. No seu ditame, o xurado destacou a calidade da voz e o coidado da gravación, asà como o adecuado do ritmo e a madurez como artista que Pablo Costas imprimiu a este tema.
Compoñente do grupo cangués Keima, Costas traballa nestes momentos nun proxecto persoal que verá a luz proximamente. Formado no Conservatorio de Música de Vigo e na escola Mayeusis, na especialidade de frauta traveseira, tocou en varios grupos de súa vila natal, como Pronóstioco Reservado, Keimakasas ou Sinnania, ademais de na Banda de Música de Cangas. Tamén compuxo durante varios anos músicas por encargo, fundamentalmente para teatro.
O brasileiro afincado en Galicia Gustavo Almeida obtivo o galardón do público co tema O camiño das estrelas, que recibiu máis de 14.000 votos a través da web do concurso, asà como de mensaxes telefónicas e de sms. Fillo da consagrada cantante brasileira Ellen de Lima e irmán do tamén cantante Rodrigo Almeida, Gustavo recoñece como influencias a Djavan, Caetano Veloso, Jorge Vecillo, Gilberto Gil, Serrat ou Sabina, aÃnda que a súa música destila sobre todo unha esencia persoal cargada de positividade. Ten editado de xeito independente dous traballos discográficos, nos que cada unha das súas cancións trata temas diferentes: Por si me escuchan (2005) e Cabaña (2008), tÃtulo este último que fai referencia ao local de Pontevedra no que actúa habitualmente dende hai máis de catro anos.
A Radio Galega puxo en marcha en 2010 o certame Vas Sacar Nota, a través do seu programa Somos Quen, co obxectivo de apoiar e fomentar a creación musical en Galicia, valorando prioritariamente a calidade creativa e interpretativa en torno a tres premisas: frescura das letras, ritmo na música e imaxe impecable.
CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxÃas da información (IT) e de operación (OT) para asà adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxÃa a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais asà como os sectores social, cientÃfico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, polÃticas e instrumentos do litoral.