Notas de prensa

O 15º aniversario de Berrogüetto, portada da revista Ao Vivo

A revista Ao Vivo Música dedica a portada do seu novo número ao décimo quinto aniversario de Berrogüetto.Editada pola Axencia Galega das Industrias Culturais, a publicación distribúese de xeito gratuíto nas salas asociadas á Rede Galega de Música ao Vivo.

A música folk volve ocupar a portada da revista Ao Vivo Música, que dedica a reportaxe central do seu número 9 ao grupo Berrogüetto co gallo da celebración do seu décimo quinto aniversario. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acaba de editar esta nova entrega da publicación, que distribúe de xeito gratuíto a través das salas asociadas á Rede Galega de Música ao Vivo co obxectivo de difundir a actividade deste circuíto, así como de promover os grupos e intérpretes galegos de diferentes estilos.

Berrogüetto, que acaba de recibir o “Premio de la Música” á mellor canción en galego por Alalá da noite, estrea tamén a súa condición de grupo embaixador da música de Galicia, segundo a figura creada pola Consellería de Cultura e Turismo con motivo da declaración de 2011 como Ano da Música de Galicia. Esta conmemoración centra outra das reportaxes da revista, que afonda ademais no bo momento que vive a nosa música indie a raíz da ampla representación de grupos galegos que tocarán esta semana no Primavera Sound de Barcelona.

O terceiro disco do grupo folk-punk Ulträqäns e a proposta didáctica de Pesdelán protagonizan, ademais, dúas das seccións habituais da revista –“Detrás da canción” e “Un día con”, respectivamente–, mentres que Bieito Romero, de Luar na Lubre; Emilio López, de Safari Orquestra; e Roberto Sobrado asinan cadansúa colaboración. Carlos Gil (La Familia), Manuel Seoane (Esenia), Carlangas Pereiro (Novedades Carminha) e a sala Clandestino de Nigrán figuran tamén neste número de maio, que nos achega así mesmo oito novidades do mercado discográfico galego.

A Agadic edita tres números de Ao Vivo Música ao ano, cunha tiraxe media de 7.000 exemplares, que poden descargarse na súa versión dixital a través da web www.agadic.info.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-05-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES