
A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, participou na presentación en Santiago da campaña A cociña galega con Cunqueiro levada a cabo polo Consello da Cultura Galega e enmarcada nas actividades celebradas con motivo do Ano Cunqueiro. Nesta iniciativa, que se porá en marcha mañá, 25 de maio, restaurantes de toda Galicia, tradicionais e contemporáneos, colaborarán nun proxecto común: homenaxear á figura de Cunqueiro e o seu papel decisivo da difusión e prestixio da cociña galega. No acto, a secretaria xeral para o Turismo estivo acompañada polo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; polo xornalista gastronómico e editor da antoloxÃa, Miguel Viña, e por un representante dos cociñeiros de Galicia.
Na campaña A cociña galega con Cunqueiro o Consello da Cultura Galega conta coa colaboración das asociacións de restaurantes de Galicia (Amigos da Cociña Galega, Comp&Go, Galicia Gourmand, Grupo Nove, Lareira, Club RÃas Altas e Xantares) pon en marcha a campaña A cociña galega con Cunqueiro. O obxectivo desta iniciativa é levar os pratos máis apreciados polo principal escritor gastronómico de Galicia de volta aos restaurantes, recuperando a rica tradición gastronómica galega e empregando os restaurantes como espazo de difusión cultural. Ademais, distribuÃranse entre os clientes 10.000 exemplares do libro Na mesa con Cunqueiro. AntoloxÃa gastronómica e literaria, unha antoloxÃa literaria e gastronómica de Ãlvaro Cunqueiro editada por Miguel Vila.
No marco deste programa, participarán cincuenta restaurantes de cociña galega, tanto tradicional como contemporánea. Estes restaurantes servirán pratos da gastronomÃa de Cunqueiro, xa sexa na súa versión tradicional ou con algunha interpretación que consideren axeitada.
Durante a súa intervención, a secretaria xeral para o Turismo gabou a figura de Ãlvaro Cunqueiro e destacou o papel da gastronomÃa galega, que “constitúe por si mesma un reclamo turÃstico de primeira orde”. De feito, Carmen Pardo asegurou que, despois da natureza, a gastronomÃa é o segundo motivo polo que milleiros de visitantes se achegan a Galicia “atraÃdos por uns pratos que recollen un pasado gastronómico milenario”.
Tras destacar a importancia desta homenaxe gastronómica ao escritor no centenario do seu nacemento, a secretaria xeral para o Turismo lembrou que Turgalicia recibiu este ano o premio Ãlvaro Cunqueiro pola súa labor de difusión e promoción da gastronomÃa galega. Deste xeito, Carmen Pardo explicou a aposta feita pola gastronomÃa, da que destacou o impulso ao turismo gastronómico e a busca do recoñecemento a nivel nacional e internacional da oferta gastronómica da comunidade galega. Asegurou, ademais, que todo o potencial de Galicia neste ámbito “verase reflectido no Plan Director de Turismo Enogastronómico que se está desenvolvendo na actualidade.
Actividades do Ano Cunqueiro
Esta iniciativa está enmarcada na celebración do primeiro centenario do nacemento de Ãlvaro Cunqueiro, efeméride que se conmemora cun programa conxunto de actividades na que participan diferentes institucións. A ConsellerÃa de Cultura e Turismo está a colaborar neste 2011, Ano Cunqueiro xunto ao Consello da Cultura Galega, as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, a Real Academia Galega e os Concellos de Vigo e Mondoñedo. Tamén colaboran a Deputación de Lugo, a Escola Superior de Arte Dramática, a Fundación Cidade da Cultura e a Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais.
Co seu apoio, a ConsellerÃa de Cultura e Turismo pretende enxalzar o enxeño e a liberdade creadora que definiron a traxectoria literaria de Cunqueiro, un persoeiro que tanto fixo pola cultura galega e por Galicia. Mergullarse no seu legado literario e xornalÃstico supón hoxe, igual que sempre, unha experiencia tan entretida como edificante. Coa súa achega, a Xunta de Galicia quere destacar o misterio e a maxia que rodearon sempre a figura e a obra de Cunqueiro, feito que coa súa capacidade para fabular e fantasiar lle permitiron ao autor mindoniense debuxar coas palabras nas Crónicas do Sochantre a Bretaña francesa sen antes visitala.
Neste contexto, a Casa da Parra vén de inaugurar en Compostela a exposición itinerante No niño novo do vento. Cen anos con Ãlvaro Cunqueiro 1911-2011, que exhibe ata o 26 de xuño todo tipo de fondos documentais, obxectos persoais, manuscritos e primeiras edicións das súas principais obras. A través desta mostra, promovida pola Xunta de Galicia, a Fundación Penzol e a Editorial Galaxia, o público poderá achegarse á figura e á obra do autor mindoniense a través de 18 paneis informativos e de diferentes materiais e obxectos dispostos en 8 vitrinas.
No niño novo do vento. Cen anos con Ãlvaro Cunqueiro 1911-2011 estrutúrase en cinco grandes apartados, que describen o universo cunqueirano a través de elementos tan Ãntimos como a reprodución do seu escritorio de traballo, a narración biográfica no seu contexto histórico e vital ou a exhibición de materiais de grande valor tanto emocional como patrimonial. Un espazo audiovisual reproduce en vÃdeo distintos documentais, entrevistas e gravacións das súas obras teatrais; e dous computadores con pantallas interactivas permiten a consulta de datos, fotos e bibliografÃa. Comisariada por MarÃa GarcÃa Liñeira e VÃctor F. Freixanes, a exhibición iniciou o seu periplo en Mondoñedo e visitará proximamente Ourense, Lugo, A Coruña, Pontevedra, Ferrol e Vigo.
Imagen: Consello da Cultura Galega (CCG)
Inspirada no Camiño da Traslatio, Saias do mar é un espectáculo de danza contemporánea que homenaxea a muller galega como forza ancestral ligada ao mar. A peza transforma o corpo nun territorio fluÃdo e propón unha lectura coreográfica do feminino como memoria viva e indómita, depositaria dunha herdanza espiritual e simbólica, vencellada á ruta sagrada que trouxo o corpo do apóstolo Santiago por vía marítima ata estas terras. Juan Miguel Hernández é o autor da coreografÃa desta montaxe dirixida por Nerea Andrés, e ambos forman tamén parte do elenco xunto a Dayron RodrÃguez, Irene Lorenzo, Laura Pereiras, LucÃa Fontenla, Alba Fariña e Zoe Amor. A proposta, de 40 minutos de duración e pensada para poder executarse en todo tipo de espazos, complétase cunha selección musical de Rosa Cedrón, Daniel Minimalia e Luar na Lubre, vestiario de Santos Salgado e atrezzo de Elva Bernat.
O presidente da Xunta informou de que a Xunta vén de solicitar ao Goberno central 'que suspenda de inmediato a reforma do Regulamento de Costas' porque 'invade competencias exclusivas de Galicia e vulnera os dereitos dos titulares de concesións do litoral'. O Goberno autonómico lembra que, nos termos actualmente previstos, este regulamento non se adecuarÃa ás exixencias da Comisión Europea nin ao propio Dereito comunitario.