Galicia e outras sete comunidades litorais -Cantabria, País Vasco, Cataluña, Comunidade Valencia, Andalucía, Illas Baleares e Canarias- acordaron dirixirse nunha carta conxunta ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico solicitando a paralización cautelar da reforma do Regulamento Xeral de Costas ata que se reúna a Conferencia Sectorial. Segundo dixo a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, durante a súa participación en Barcelona nunha reunión de comunidades costeiras, o obxectivo é abrir un proceso de diálogo transparente e leal sobre a reforma que puxo en marcha de xeito unilateral o Goberno central.
Aínda lembro aqueles intres do desaloxo de estudantes que estabamos nunha asemblea no paraninfo da facultade de medicina de Santiago por parte da policía (grises) . Era o ano 69 e alí ficabamos alumnos de varias facultades. O movemento estudantil estaba en auxe e os grises á espreita. O desaloxo fíxose a porrazo lim...
A intelixencia artificial (IA), a súa gobernanza e o impacto na organizacións públicas centraron o II Encontro de Equipos de Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC) das comunidades autónomas, celebrado hoxe en Madrid, no marco do Foro de Dixitalización das Comunidades Autónomas.A Xunta de Galicia estivo representada polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey, ao que acompañaron os responsables da Xerencia e das áreas de Administración Dixital, Infraestruturas e Seguridade, Solucións Tecnolóxicas Sectoriais, Transformación Dixital da Facenda Pública e a Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación.
Deseñado e posto en marcha pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través de MeteoGalicia un servizo meteorolóxico de referencia na Comunidade, o chamado Sistema de Propagación de Incendios de Galicia (Spigal) permitirá dotar o operativo de loita contra o lume da Xunta dunha ferramenta tecnolóxica propia con capacidade para adaptarse á realidade en vivo, comparar distintos escenarios de evolución dun mesmo incendio e avaliar as medidas e actuacións en materia de extinción. Spigal superou xa unha fase de probas a partir dos datos reais dos incendios do verán pasado e está listo para entrar en funcionamento.
¿Dónde están? ¿Dónde se han ido