O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou o nome dos cinco galardoados coas Medallas Castelao 2026, despois de que o Consello aprobase esta mañá concedérllelas ao músico Esteban Batallán Cons, á científica Mar Capeáns Garrido, ao atleta Adrián Ben, á propietaria dos restaurantes La Penela, María Barallobre, e á Fundación Andrea. Trátase dun dos recoñecementos máis importantes que outorga a Comunidade. O Consello acordou recoñecer o traballo desde hai vinte anos da Fundación Andrea, entidade que apoia de xeito integral ás familias con nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.
A posible chegada de SAIC a Ferrolterra constitúe moito máis que un novo proxecto empresarial. Hai varios elementos que permiten distinguir o proxecto de SAIC de experiencias anteriores.
Primeiro, a escala. A maior parte dos investimentos chineses en Galicia realizados ata agora foron adquisicións de empresas xa ...
Galicia situouse en 2025 como a terceira comunidade autónoma en taxa de doazón de España, cun índice de 39 doazóns por cada 1.000 habitantes. Segundo os datos que o Ministerio de Sanidade fixo públicos, con motivo da conmemoración do Día Mundial do Doante de Sangue, as campañas de doazón desenvolvidas pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) permitiron situar Galicia nos primeiros postos, ao rexistrar 39 doazóns por cada 1.000 habitantes, sendo soamente superada por Estremadura (47/1.000) e Castela León (45/1.000).
Blanca, que te quiero blanca