Actualidad de Galicia

Foto de la noticia destacada (nenos-clase.jpg) Galicia vén de pechar o ano 2025 cunha taxa abandono escolar do 10,4%, o que supón 0,4 puntos menos que o ano anterior e coloca á nosa Comunidade 2,4 puntos por debaixo da media estatal (que é do 12,8%), polo que se sitúa entre as autonomías cun mellor resultado neste eido. Así pois, no último ano Galicia reduciu o dobre que o Estado esta variable que mide a porcentaxe de persoas entre 18 e 24 anos sen titulación superior á ESO. É dicir, que non cursaron FP Básica ou de grao medio nin Bacharelato, e que non seguen ningún tipo de formación (regrada ou non regrada) na actualidade.

Opinión

OpinionExiste una conexión especial entre México, lindo y querido, y Galicia, tan tradicional. Porque Galicia y México mantienen afectos y devociones comunes, además de los fraternales lazos que estrecharon los protagonistas de aquel éxodo. En las laderas del Suido se escucha aún hoy el eco de aquel mariachi que...
Rodríguez, Xerardo

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto del resto de noticias (sociedade-poboacion.jpg) O virus respiratorio sincitial (VRS) continúa a aumentar a taxa de positividade e acada o 10,8 % na semana 4 do ano (do 19 ao 25 de xaneiro), fronte ao 9,8 % da semana previa, tal e como recolle o informe semanal de seguimento deste virus que publica a Consellería de Sanidade. Nesta última semana, obsérvase un incremento na taxa de consultas en atención primaria por bronquiolite en menores de dous anos. En concreto, o incremento foi do 19 % no grupo de nacidos entre abril e setembro de 2025. En canto a hospitalizacións, rexistráronse tres ingresos na última semana no grupo de nados entre abril e setembro de 2025 e catro hospitalizacións de lactantes menores de dous meses, que están a pasar a súa primeira onda do VRS este inverno.

Notas de Galicia

A USC bota a andar unha nova edición da súa Primavera Cultural, programa amplo e diverso do que agroman as diversas iniciativas que, en materia de cultura, a Universidade vai desenvolver nos vindeiros meses nos campus de Santiago e Lugo. Música, audiovisuais, exposicións, fotografía, teatro, danza, Faíscas Culturais, foros, formación, certames e convocatorias coas que impulsar a dinamización e a creación nutren o abano de iniciativas que arrancan a principios do mes de febreiro.

Actualidad de Galicia

Foto de la tercera plana (economia-porcentaxe.jpg) O modelo de financiamento autonómico e a condonación da débeda propostas polo Goberno central supoñen un prexuízo para os galegos de case 1.000 millóns de euros, 600 millóns de incremento da débeda e 305 millóns menos que a media das CC.AA. de réxime común na proposta do Sistema de Financiamento Autonómico. A suposta condonación da débeda ofrecida polo Goberno é unha mutualización da mesma, porque aínda que baixa a débeda autonómica en 4.000 millóns de euros, sube a participación da poboación galega na débeda do Estado en 4.600 millóns de euros.

Notas de Galicia

O uso da IA está a abrirse camiño en case todos os eidos do coñecemento, incluíndo tamén a xestión dos ecosistemas e das contornas naturais. Un bo exemplo é o proxecto estatal BlueAI, que acaba de poñerse en marcha e no que participa a UVigo en colaboración con outras entidades como a Universidade de Murcia, o Centro Oceanográfico de Murcia, a Universitat Politècnica de València e a Universidade de Salamanca.

Cuarenta años no es nada... (por Antonio Esteban)

Foto de la noticia destacada (alfonso_vidal.jpg) ¡ Ay, Alfonso…¡ ¡Ay Alfonsito¡
¡Ay, Alfonsito Vidal…¡
Jugar al Fútbol es cosa
que siempre viste normal.
No jugar te cabreaba
y el perder mucho más.
ver todas

Humor

Humor Sabela Arias HumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorMillán M.
 

 
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES