Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O gran pecado histórico (3)

Rubal, Pedro - viernes, 17 de abril de 2026
A "resurrección" da Historia no suxeito absoluto ven a ser unha SUPRESIÓN (Aufhebung) do tempo, porque queda tamén subsumida a obxectividade e a mesma obxectivación (Gegenständlichkeit). E explica Hegel que mediante esta dialéctica o espírito elévase, vai integrando unha TOTALIDADE que se comprende a si mesma (zu einer sich erfassenden Totalität), que é a Historia. Xustamente para iso, a Historia Universal conta con dous principios: A paixón humana, que nada grande se pode realizar no mundo sen ela e a IDEA, que é a realidade, e as paixóns son os elementos activos, porque "o universal ten que realizarse mediante o particular". Introduce Hegel os homes históricos, os heroes, que ve como realizadores do "espírito universal" encarnado nun pobo, porque son os que rompen co pasado morto e teñen a tarefa de traer a conciencia do mundo o que eles pensan que, máis ou menos nebulosamente, barruntan os cidadáns o desexan inconscientemente.

Os heroes parece que saben o que quere o seu tempo e iso é o que eles mesmos tamén desexan acadar; pero lévoos a traxedia, porque toman sobre os seus ombros a tarefa do espírito en contra de todas as opinións do común dos homes. Non soen, pois, ser ditosos, e empantánanse nunha loita esforzada, que os leva a unha morte asasina, criminal, como César; mozos, como Alexandro, ou deportados, como Napoleón. E isto ocorre porque ese común de homes discrepantes interpretan a paixón dos heroes como egoísmo, precisamente cando se trata dunha enerxía que vai facendo pasar o "en-si" (an- sich) do espírito ao "para-si" (für- sich), mediante a realización do"espírito universal". É indiscutible, pois, que esta opinión de Hegel evidencia o aprecio que sente polos que renuncian a si mesmos para a salvación dos demais, como recoñece na atención que lle dedica a Sócrates e a Cristo: Sócrates morreu polo pobo que amaba; pero as súas cinzas xeran outro máis alto, posto que o Espírito do Mundo lévase ao nivel dunha conciencia superior. Tamén o espírito do seu pobo ten un destino tráxico: xurdir, florecer, madurar, decaer e morrer, e así temina a Historia do Mundo, nun xuízo final (Die Weltgeschichte ist das Weltgericht). E respecto a Cristo, todos temos referencias da súa Paixón e Morte pola Humanidade.

Por outra parte, o "Gran Pecado Histórico" segue operativo, como é detectable, na actualidade, na política dos Estados, polo menos nos intentos partidistas: sempre hai grupos que se opoñen á evolución social (hegelianamente, á dinámica dialéctica), ou quen desexa que as posturas sexan alienantes, e subtraen ao espírito dos pobos da correspondente incorporación a dialéctica histórica universal, impedindo na praxes política a globalización, dificultando a súa transcendencia na historia e o progreso,contrariando a superación das contradicións. Hegel considera o Estado como a REALIZACIÓN DA RAZÓN e o fin último da Historia Universal, e todo o que poña atrancos a este proceso está impedindo a evolución futura, e seguramente caendo no Gran Pecado Histórico.

Esta filosofía de Hegel recibe o nome de IDEALISMO ABSOLUTO, debido a que se caracteriza por ser unha reflexión sobre a realidade globalmente considerada, á que da o nome de ABSOLUTA, entendida como idea, natureza e espírito, que se desenrolan no tempo nun proceso dialéctico. Consecuente con isto, para el a meta da Historia é o progreso da conciencia da liberdade e establece a evolución do Geist (espírito), porque, quen alcanza a conciencia de si mesmo, é racional, con un fin e un sentido que non son exteriores a ela, senón inmanentes, con fondo no mesmo seu "ser-sendo", que explicarei con algunha extensión na parte seguinte (na 4). Establece este filósofo a evolución do ESPÍRITO (Geist), xa que a natureza del é a liberdade e acada a conciencia de si mesmo. E este proceso da Historia ven a ser unha dialéctica unificada, desde a "autoalienación" como servidume hasta a "autounificación". Insisto en que "intentar" quebrar esta dinámica implica caer no "Gran Pecado Histórico".

Non obstante as accións pecaminosas, o Espírito lévanos a unha evolución totalmente concreta, plasmada nunha existencia externa, porque só o espírito é progreso, pasando por etapas novas, e o que nos permite afirmar, por modo de exemplo, que cos gregos aparece o obxecto da filosofía, e na etapa moderna emprázase no suxeito (pensemos en Descartes). Polo tanto, se na grega era o obxectivo "en-si", na moderna se opón ao subxectivo, precisamente para acadar, sinteticamente, a realización da unión do "suxectivo/obxectivo", en proceso dialéctico, na que se produce o "serse", mais tamén o "saberse". Hegel pensa que el chegou a considerar a meta da Historia, que todo o que veña no futuro é repetición, e talvez se poda dicir "posthistoria", porque con el cérrase, por agora (für jetzt) esa serie de configuracións espirituais. En realidade parece correcto pensar que o que verdadeiramente queda cerrada é a Historia como a concibiu Hegel. E a todo isto leva o feito de que o "absoluto" pode entenderse como relativo ás épocas, posto que, hegelianamente, o Espírito no reino da "autoconciencia" acada a súa meta. E segundo algúns especialistas xa se nos deu a forma buscada da "Re-Conciliación" que é lograda mediante o saber, como toma obrigada da realidade.

Ramiro Flórez, na obra que se indicará, facendo alusión a como o home toma conciencia de que é libre, interpretando e ordenando o galimatías dos comentaristas sobre esta temática, relativos a Hegel, cita tres etapas: a.- No mundo oriental só o sátrapa é libre; b.- En Grecia e Roma só son libres os cidadáns, porque hai escravos, e c.- Nas nacións xermanas, co cristianismo, chégase á conciencia de que todo home é libre. En todo caso, hai que ter presente que unha cousa é o acceso á esa concienciación e outra a súa realización, que só se consigue chegar á meta ao largo do curso da historia.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES