Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Saba Santa de Turín

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 16 de abril de 2026
A igrexa Católica vólvese tola para demostrar a existencia de Cristo e sobre todo a súa morte e resurrección.

Cando se fala da famosa saba Santa Exposta en Turín (Francia), fixéronlle mil probas e análises para comprobar e demostrar a súa autenticidade. Pero a min hai algo nela, polo que puiden observar en fotos e vídeos e que quero compartir, que non me convence, non vos parece estraño que a imaxe que se reflicte nela sexa exacta á imaxe que os artistas pintores fixeron de Cristo?. Explícome: ninguén sabe como era fisicamente Cristo e nin a propia biblia describe como era, só se fala da súa espiritualidade. Polo tanto, os grandes pintores imaxinárono tal e como hoxe o coñecemos, cabelo longo, barba, e incluso algún pintor o pintou de ollos claros, verdes ou azuis. Coa idea de facelo fisicamente guapo, asunto totalmente imposible por ser hebreo ou xudeu. Non podía ser nin louro nin de ollos claros.

Xa sei que no Santo Sudario non se ven as cores, pois supostamente a imaxe de Cristo reflectida no Santo Sudario fíxose polo sangue e outros elementos que tiña o seu corpo ao morrer na cruz.

A min paréceme moita casualidade que esa imaxe sexa exacta á que recrearon os grandes pintores, incluído o pelo e a barba.

Cando Godofredo de Charly encontrou a Saba Santa en 1307, como puido supoñer que se trataba precisamente do Santo Sudario? Quen llo dixo? E por qué se gardou sen lavar?

As supostas feridas realizadas no corpo de Cristo reflíctense perfectamente: a do peito e as de ambos pulsos, pero as dos pés, tampouco me convencen, pois os romanos non crucificaban clavando os pés pola parte superior, pois os pés eran cravados pola parte de abaixo do nocello contra o lateral do madeiro, que non era en forma de te como sempre se nos dixo, se non que a cruz era en forma de xe (X), como se pode comprobar na crucifixión de San Andrés.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES