
A cita científica, que reúne máis de duascentas persoas de 14 países de Latinoamérica, África e Europa, desenvólvese na Facultade de Ciencias da Educación ata o 17 de abril.
Segundo os organizadores, o encontro xurde da urxencia por comprender os actuais tempos de emerxencia climática, que tamén son de emerxencia social, política, cultural, institucional e educativa. Neste senso -apuntan-, faise máis imprescindible que nunca superar as barreiras artificiais entre escola e comunidade, entre o cognitivo e o sensible, entre a linguaxe científica e a cidadanía, para entender de maneira integral os tempos educativos e sociais nos que se desenvolve a vida individual e colectiva.
O encontro inaugurouse este mércores no Salón de Actos da Facultade coa presenza da reitora da USC, Rosa M. Crujeiras, e a participación ademais da decana do centro anfitrión, Mar Lorenzo; o director do Instituto de Investigación do Medio Acuático para unha Saúde Global (iARCUS), Carlos Pereira; e a co presidenta e o co presidente do congreso, Teresa Pozo e Pablo Ángel Meira, respectivamente.
Necesitamos impulsar unha transición socio-ecolóxica sen precedentes e hai que facelo con criterios de xustiza social e ambiental, dixo a reitora na apertura. Neste escenario a dimensión educativa, tamén das universidades, é especialmente relevante: debemos tomar conciencia da magnitude do reto, e dende a USC comprometémonos a traballar este ámbito tanto no que afecta o seu funcionamento interno como a súa proxección externa, a través da investigación, a formación do seu estudantado e a transferencia á sociedade, dixo.
Programa
O Congreso adopta catro tempos como eixos transversais que guíen marcos de diálogo, diagnóstico e deseño colectivo de propostas de políticas públicas -climáticas e educativas-, de praxes educativas pertinentes e de novas liñas de investigación para afrontar os desafíos climáticos, ambientais e sociais contemporáneos: Tempos de emerxencia climática, Tempos educativos e sociais, Tempos de acción polo clima e Tempos de sostenibilidade e cooperación.
Arredor destes catro Tempos artéllase un programa que contará con obradoiros, relatorios, paneis de experiencias e paneis de comunicacións nos que tentar dar resposta a estas emerxencias.
Estrea europea de curta
Previo ao congreso propiamente dito, este mércores tivo lugar a estrea europea da curtametraxe Lucie Sauvé, une vie forgée dans les terreaux de lengagement (Lucie Sauvé, unha vida forxada nos territorios do compromiso) (37 min. - VOSE), co dirixida por Sylvie Lapointe e Adolfo Agúndez Rodríguez, da Universidade de Montréal (Quebec), que participaron nun coloquio posterior xunto coa propia Lucie Sauvé, pioneira e referente internacional da Educación Ambiental.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.