A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, denunciou que o Goberno central vén de recortarlle a Galicia os fondos para a atención a menores migrantes non acompañados nun 82% con respecto ao ano anterior. Así o puxo de manifesto durante a Conferencia sectorial de Infancia e Adolescencia, na que se acordou o reparto de fondos entre as diferentes comunidades. Fabiola García, que estivo acompañada polo director de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, explicou que Galicia recibirá neste 2026 un total de 740.000 euros, unha cantidade que cualificou de 'totalmente insuficiente para afrontar esta materia'.
Dende neno eu sempre oín falar dunha cova que ía dende o mar do O Cú do Castro ata o Pico do Castro ¡e mira ti por onde tal cova non era lenda senón que existía na realidade!.
Se nos remitimos ao libro de Álvaro Cunqueiro titulado "Tesouros novos e vellos" observaremos na páxina 60 o seguinte texto: "Un caseiro...
O Atlantic Fest celebra este verán a súa décima edición consolidado como unha das citas musicais imprescindibles. Do 17 ao 19 de xullo, a praia da Concha de Vilagarcía de Arousa volverá acoller un festival que combina música, paisaxe, gastronomía e identidade propia, converténdose nun dos grandes atractivos culturais e turísticos das Rías Baixas durante a tempada estival. A décima edición do Atlantic Fest presenta unha programación que combina grandes nomes internacionais, referentes do panorama estatal e unha destacada presenza de artistas galegos. Entre as actuacións internacionais sobresae a presenza de Franz Ferdinand, nunha das súas poucas actuacións deste verán e única en Galicia.
O 60,66% dos 877 ciclos de Formación Profesional de réxime ordinario para o próximo curso en Galicia complétanse na primeira adxudicación de prazas pechada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, e que dá dereito a matrícula. Segundo os datos recabados, un total de 57.118 persoas presentaron solicitude para cursar algunha modalidade de Formación Profesional, o que representa un incremento de preto do 2% (1.069 solicitudes máis) con respecto ao curso 2025-26, o que confirma, un ano máis, o interese que espertan estas ensinanzas entre os cidadáns en Galicia. O maior número de solicitudes rexístranse nos ciclos superiores da modalidade ordinaria, con 15.893 solicitudes, 643 máis (un 4,22% de incremento) que o curso pasado.
¿No es Román el peluquero