O amor de Deus, o más prezado tesouro
Miguélez, Xosé Antón - domingo, 26 de julio de 2026
DOMINGO 17 (A).- 1Re 3,5.7-12.- Sal 118 (119).- Rm 8,28-30.- Mt 13,44-46
+Xa que pediches acerto para ben gobernar vouche conceder o que pediches ( 1Re 3, 11.12)
+Que a túa compaixón veña a min e vivirei ( Sal 118 (119), 77)
+Sabemos que todo colabora para o ben dos aman a Deus ( Rm 8,28)
+O Reino dos ceos é semellante a un tesouro agachado nunha leira, o home que o atopou, volveu agachalo e cheo de alegría vai e vende canto ten e merca aquela leira ( Mt 13,44)
O AMOR DE DEUS, O MÁIS PREZADO TESOURO
1. Para quen a Deus ama
e a Deus escoita,
en todo, un xeito encontra,
de estar na casa...
2. Pois Deus con gran amor
nos capacita,
a manter a faísca
do seu remol...
3. E a ledicia da paz
tras das tormentas,
vivindo coa defensa
que dá amar...
4. Por iso di Xesús
que é marabilla,
ter de noite e de día
de Deus a luz...
5. Que acompaña fielmente
inda sen velo,
e o seu potente abeiro
nunca se perde...
6. E cando non se ve
no máis fermoso,
é posible outro encontro
grazas á fe...
7. Unha fe que se ofrece
a quen a pide,
e a quen a Cristo humilde
con amor segue.
8. ¡Non hai riqueza tal
nin ben mellor,
que esa graza de unión
con Deus Pai-Nai!
9. Graciñas Xesús Cristo,
pois ti viviches,
sen che faltaren crises,
ese camiño.
10. E agora nolo ofreces
para que andemos,
co gozo do teu Reino
servindo sempre.
¡Apertas de domingo!

Miguélez, Xosé Antón
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora