Archivo de Notas de Prensa

Buscador

Notas

Foto de nota destacada (20250731-udc.jpg) O Hospital Universitario de Coruña acolleu unha sesión experimental centrada en avaliar a funcionalidade e usabilidade de sistemas de realidade aumentada (RA) en contornas reais de quirófano. A investigación forma parte da tese doutoral titulada 'Interfaces virtuais e realidade aumentada para cirurxía', desenvolvida por Ánxela Pérez no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais de Ferrol, baixo a dirección do investigador do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica Florian Michaud e de Nieves Pedreira, profesora da Escola Universitaria de Deseño Industrial UDC.
Foto de nota destacada (crea-congreso-uvigo.jpg) Nacido o pasado ano, no marco dos traballos para acadar a acreditación do proxecto de especialización do campus de Pontevedra, o Congreso Internacional de Creatividade desenvolverá os días 2 e 3 de outubro a súa segunda edición. Nela, buscará promover unha reflexión teórico-práctica que conecte a creatividade coa arte, o deseño, a educación e a comunicación, os catro eixes do proxecto de especialización Campus Crea.
Foto de nota destacada (20250730-udc.jpg) O proxecto ALLOCATE, dotado cun orzamento de 5’5 millóns de euros, está coordinado polo Concello da Coruña e conta coa participación como socios da Universidade da Coruña a través do CITIC, o Cluster TIC de Galicia, Altia Group e a consultora Khora UrbanThinkers. A través do desenvolvemento de infraestruturas que permitan a experimentación e a co-creación de IA, o proxecto impulsará a competitividade económica da cidade da Coruña, contribuirá a reducir a súa pegada medioambiental e garantirá un desenvolvemento urbano inclusivo.
Foto de nota destacada (ancares-usc.jpg) As masas boscosas nas comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra e tamén nas provincias de León, Palencia e Burgos, en Castela e León, capturarían o carbono equivalente ás emisións de CO2 do conxunto de España durante un período de practicamente dous anos e medio. Así o constatou o grupo de investigación Proxectos e Planificación da USC.
Foto de nota destacada (20250728-uvigo.jpg) O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da UVigo, atlanTTic, está a participar no proxecto europeo 3DBigDataSpace, liderado pola empresa australiana Time Machine Organisation, a principal organización internacional de cooperación en tecnoloxía, ciencia e patrimonio cultural, e que busca potenciar o acceso, visualización e contextualización de contidos 3D e 4D sobre o patrimonio cultural europeo.
Foto de nota destacada (20250728-usc.jpg) Galicia conta xa co primeiro laboratorio dixital de innovación costeira atlántica, que reúne boas prácticas, ferramentas técnicas, exemplos de proxectos sostibles e recursos orientados á acción local. Trátase do proxecto SEALabHaus, liderado pola UDC, aprobado en concorrencia competitiva e financiado no marco da primeira convocatoria do Programa Interreg Espazo Atlántico 2021-2027, que impulsa o turismo e a economía azul, ademais do patrimonio natural e cultural dun mar inclusivo e sostible.
Foto de nota destacada (cimus-usc.jpg) O grupo 'Virus and Cancer' do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas logrou identificar un novo mecanismo de regulación da proteína p14ARF, un factor chave na supresión tumoral. O achado, publicado na revista Cell Death and Disease, podería ter importantes implicacións no tratamento do cancro, ao contribuír a entender os procesos que regulan o crecemento tumoral e potenciar o efecto dun novo fármaco.
Foto de nota destacada (cortis-uvigo.jpg) A integración do proxecto CORTIS (Camera Observation & Radiation Test in Space), da asociación de estudantes UVigo SpaceLab, no vehículo de transferencia orbital OSSIE da empresa galega UARX Space xa é unha realidade. A carga útil, que permitirá ao alumnado comparar os resultados de cámaras e sensores de radiación que se implementarán no cubesat BIXO, integrouse no primeiro vehículo de transferencia orbital desenvolvido en España.
Foto de nota destacada (20250723-uvigo.jpg) Presentado como 'o evento de emprendemento máis importante do noroeste peninsular', Pont-Up Store fai pública a relación das iniciativas empresariais seleccionadas para a súa décimo segunda edición, que terá lugar o 19 e 20 de setembro. Promovido pola UVigo e organizado pola Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store, este encontro permitirá coñecer 40 'emprendementos disruptivos'.
Foto de nota destacada (20250723-udc.jpg) Nun escenario enerxético onde a incorporación de fontes renovables medra con rapidez, asegurar unha subministración eléctrica constante e estable converteuse nun reto prioritario. Tecnoloxías como a solar ou a eólica, aínda que limpas, son intermitentes, polo que o almacenamento enerxético perfílase como clave para xestionar a demanda, evitar desequilibrios na rede e apoiar situacións críticas.º

Archivo

2025 (221)

2024 (365)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES