Notas de prensa

A Universidade da Coruña lidera o proxecto SeaLabHaus, o primeiro laboratorio dixital de innovación costeira atlántica

Galicia conta xa co primeiro laboratorio dixital de innovación costeira atlántica, que reúne boas prácticas, ferramentas técnicas, exemplos de proxectos sostibles e recursos orientados á acción local. Trátase do proxecto SEALabHaus, liderado pola UDC, aprobado en concorrencia competitiva e financiado no marco da primeira convocatoria do Programa Interreg Espazo Atlántico 2021-2027, que impulsa o turismo e a economía azul, ademais do patrimonio natural e cultural dun mar inclusivo e sostible.

Dr. Óscar Fuertes, profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición Arquitectónica da Universidade da Coruña e investigador principal do proxecto, participou recentemente no acto de presentación, no que tamén participaron Lucía Martínez Quintana, directora do Departamento de Arte, Cidade e Territorio da Universidade de las Palmas de Gran Canaria; Diego Inglez de Souza, Investigador do Centro de Estudos de Arquitectura e Urbanismo da Universidade do Porto; nun acto que pechou a conselleira do Mar, Marta Villaverde.

A plataforma web, desenvolvida pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, en colaboración coa de Facenda, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), é o principal resultado visible e permite ás entidades e comunidades mariñeiras acceder a modelos adaptables á súa realidade, deseñar proxectos vencellados ao mar, así como compartir e visibilizar boas prácticas doutras rexións atlánticas.

Un dos 27 proxectos seleccionados polo Programa Interreg

O SEALabHaus foi un dos 27 proxectos aprobados no marco do programa transfoiteirizo, que conta cun orzamento de 3,7 millóns de euros, dos que 2,6 millóns proveñen do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Este plan de axudar permite innovar na cadea de valor do turismo e a cultura azul, transformando, revitalizando e potenciado o ecosistema turístico costeiro en equilibrio co mar como factor clave de resiliencia, benestar e sustentabilidade; obxectivos que van na liña coa liña de investigación de Óscar Fuertes e do Plan de Cultura Marítima de Galicia que dirixe. Tal e como expuxo a conselleira no acto de presentación, “este tipo de iniciativas afondan no turismo, a actividade e a cultura azul, entendidos como forza impulsora do desenvolvemento das rexións costeiras do Espazo Atlántico, xerando riqueza e creando emprego nos territorios do litoral”.

Galicia como socia

A Universidade de A Coruña asumiu o liderado deste proxecto con socios de cinco rexións atlánticas europeas (Irlanda, Francia, Galicia, Portugal e Canarias). Introduce un enfoque innovador e integrado, inspirado na Nova Bauhaus Europea (NBE), a través do deseño colaborativo deste laboratorio transnacional para o espazo atlántico.

A NBE é un facilitador da transición verde que ten como finalidade transformar diferentes sectores económicos, proporcionando espazos para a creación e experimentación a través da sustentabilidade, a inclusión e a calidade de experiencia e estilo, máis aló da funcionalidade.

Universidade da Coruña (UDC), 2025-07-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-gaivota-cdg.JPG) A primeira etapa da xira de A Gaivota, ensaio aberto desenvolveuse do 12 ao 15 de outubro na sala Atahualpa do Teatro El Galpón de Montevideo, en coprodución con esta institución e no marco do Festival Internacional de Artes Escénicas de Uruguai, FIDAE. O programa comprendeu sete representacións nas que Déborah Vukušić compartiu escenario con Camila Durán e Claudia Trecu, que entraron no lugar das actrices galegas Uxía Suevos e Mercedes Castro. A magnífica resposta do público uruguaio contou cunha destacada presenza da comunidade galega, que converteu as funcións nun espazo de encontro arredor da lingua e da creación escénica de Galicia. Esta acollida precede a chegada á Arxentina, onde Déborah Vukušić compartirá escenario coas actrices locais Eugenia Alonso e Carmela Rivero.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

A Igrexa da Universidade acolle ata o 20 de novembro a mostra 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia', obra de Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil. A exposición abriu oficialmente este xoves nun acto no que xunto cos autores interveu a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, que reivindicou a USC como 'espazo de produción e de transmisión de coñecemento onde debe integrarse a cultura, que ten que ser unha experiencia universitaria, unha experiencia de formación'.
A preparación para a liberdade e a reinserción social foi a temática escollida para as III Xornadas da Rede Galega de Educacións en Prisión que se celebraron en Ourense. A cita, co-organizada pola Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo, contou coa asistencia profesionais e alumnado das tres universidades galegas. Nelas houbo conferencias, obradoiros e mesas de experiencias.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES