A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia e impulsada pola asociación En-Colectivo,cuxo presidente, Diego Maraña tamén asistiu. Allegue, co conselleiro de Mobilidade do Principado de Asturias, Alejandro Calvo; e a secretaria xeral da Consellería de Mobilidade da Xunta de Castela e León, Natalia Flórez; e os presidentes das confederacións empresariais das tres comunidades, firmaron o citado documento, como alianza para a defensa da AP-9 e da AP-66.
No ano 1910, a familia Reimunde Basanta de San Martiño, tiñan un serradoiro de madeira na Espiñeira, barrio de Vilaronte.
Nunha ocasión, mercaron moita madeira en Mondoñedo. Eucaliptos e piñeiros, pero de seguido encontráronse con un serio problema, o de como transportar esa madeira ata a Espiñeira. Resulta que, ...
O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxías de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.
Javier. Caja Rural.