Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Turbas na praia de Arealonga en Foz

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 18 de junio de 2026
O achado destes restos fósiles na praia de Arealonga, foi unha grande sorpresa para tódolos veciños de Nois, pois nun principio confundíronos con "chapapote" do naufraxio do petroleiro "Prestige" (13-11-2002), pero o que menos se imaxinaban, era que non se trataba de "chapapote" se non de TURBAS de grande interese científico.
Cabe destacar, que os máis anciáns da zona, recordan que os seus avós lles contaban que ao baixar o mar e en mareas vivas, nesta praia quedaban restos de arboredo ao descuberto, ditos restos eran transportados polos labregos en carros tirados por vacas Turbas na praia de Arealonga en Foz ou bois ata as súas casas, e unha vez secos os troncos servían para facer lume por que duraban máis tempo que a leña que traían dos montes e quentaban mellor, segundo nos conta Vicente Sixto veciño da parroquia.
As turbas descubertas na praia de Arealonga están consideradas polos expertos como as máis importantes de Europa e teñen unha antigüidade de 120.000 anos.
Foron visitadas e analizadas ata por expertos procedentes de Canadá.

QUE SON AS TURBAS?
A turba é un material orgánico compacto, de cor parda escura e rica en carbono. Está formada por unha masa esponxosa e lixeira na que aínda se aprecian os compoñentes vexetais que a orixinaron. Ten propiedades físicas e químicas variables en función da súa orixe. Emprégase como combustible e na obtención de abonos orgánicos.

FORMACIÓN DA TURBA:
A formación de turba constitúe a primeira etapa do proceso polo que a vexetación se transforma en carbón mineral. Fórmase como resultado da putrefacción e carbonización parcial da vexetación na auga ácida de pantanos, marismas e lugares húmidos. A formación dunha turba é relativamente lenta como consecuencia dunha escasa actividade microbiana, debida á acidez da auga ou a baixa concentración de osíxeno. Co paso dos anos vai producindo unha acumulación de turba que pode alcanzar varios metros de grosor, a un ritmo de crecemento que se calcula de entre medio e dez centímetros cada cen anos.
Turbas na praia de Arealonga en Foz
COMPOSICIÓN:
Carbono 59%
Hidróxeno 6%
Osíxeno 33%
Nitróxeno 2%
Materias volátiles 60%

TIPOS:
Pódense clasificar en dous grupos: turbas louras e negras. As turbas louras teñen un maior contido en materia orgánica e están menos descompostas. As turbas negras están máis mineralizadas tendo un menor contido en materia.

APLICACIÓNS:
En estado fresco alcanza ata 98% de humidade, pero unha vez seca pode usarse como combustible.
A turba tamén se usa en xardinería para mellorar chans pola súa capacidade de retención de auga.
É máis frecuente o uso de turbas louras en cultivo sen chan, debido a que as negras teñen unha aireación deficiente e uns contidos elevados en sales solubles. As turbas louras teñen un bo nivel de retención de auga e de aireación, pero son moi variables en canto á súa composición xa que depende da súa orixe. A inestabilidade da súa estrutura e a súa alta capacidade de intercambio catiónico interfiren na nutrición vexetal, ao presentar un pH que oscila entre 3,5 e 8,5. Emprégase na produción ornamental e de plántulas. A turba negra utilízase nalgunhas zonas de Escocia para o secado dos ingredientes do Whisky, que lle dá un aroma único.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES