Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Condado de Fontao

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - viernes, 19 de junio de 2026
Nas lendarias terras que foron dominio do Mariscal Pedro Pardo de Cela e que bañan o río ouro, encóntranse un dos pazos de maior liñaxe da Mariña luguesa, como é o Pazo de Fontao.

Contamos como primeiro señor a Don Rui Sánchez de Moscoso. Constitúese o maiorazgo do solar de Fontao o 28 de abril de 1595, como señoría con "xurisdición civil e criminal" a favor Condado de Fontao do patrucio don Lorenzo López de Moscoso y Miranda, que era señor de Ferreira e San Mariño de Mondoñedo instituído tal don na Capela da Magdalena acollida no seo da Catedral de Mondoñedo. Casou con dona María Teresa Vázquez de Parga y Villamarín.

Pasamos xeracións para historiar o século XIX e referenciar un gran personaxe da Casa, don José María Moscoso de Altamira y Quiroga, nacido en Mondoñedo o 25 de maio de 1788. Cursou estudos no Real Colexio de Artillería de Segovia. Entre outros cargos, foi comandante do Rexemento de Milicias de Mondoñedo.

O ano de 1812 é nomeado Rexedor de Alcalde Ordinario de dita cidade. Foi contraínte de dona María Antonia Taboada Núñez, do Pazo de Bendoiro (Lalín).

Trasladouse a Ferrol onde foi nomeado Alcalde Constitucional. O ano de 1820 vai como Deputado polo Reino de Galicia ás Cortes de Madrid, e o 1 de xuño de 1821, é nomeado Presidente das Cortes. O 30 de marzo de 1934 a Raíña Rexente, dona María Cristina noméao Ministro de Fomento.

Ó ser creado o Senado o 26 de xullo de 1834, é elixido Primeiro Presidente. Entre outras distincións foi agraciado co título de Conde de Fontao pola Real Carta de data 8 de xaneiro de 1840, así como Xentilhome de Cámara da S.M. condecorado coa Real Cruz da Orde de Carlos III, Mestrante de Ronda, etc.

Outro gran personaxe da Casa foi don José Moreno Osorio, IV Conde de Fontao, enxeñeiro de camiños e director e presidente da Cía FFCC do Norte que logo se refunde coa RENFE, da que foi Conselleiro. Foi un gran amante de Lugo e provincia. Condado de Fontao Promoveu o acceso ferroviario, así como a ampliación do porto de Foz.

Desta acrisolada familia temos hoxe a don José Manuel Romero Moreno, avogado, VIII Conde de Fontao e X Marqués de San Sadurniño. Patrón das Fundacións Whithertur, Comité Español dos Colexios do Mundo Unido, e outros cargos. (Compre destacar, que foi o avogado da S.M. o Rei Emérito, Juan Carlos de Borbón).

Na Casa do Conde de Fontao existe unha Capela Oratorio dedicada a Santa Catalina. A súa inauguración data de 1680, e foi restaurada nos últimos anos engadíndolle un altar dos estaleiros de Nois que pertenceron ó Señorío.

Celébrase nesta Capela a festividade de San Andrés, non o día verdadeiro o 30 de novembro, se non o fin de semana seguinte.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES