A comezos do 1867 viviría Vicetto un escándalo ao que incluso algúns o considerarían unha herexía, aínda e cando o pobre Vicetto sempre demostrara nos seus escritos unha fonda e sincera relixiosidade, pero como sempre a Igrexa mantivo censura a cerca das súas ensinanzas e dogmas que os seus practicantes

interpretan de maneiras moi diferentes segundo sexa a persoa que o analice..., por iso chegou a escandalizar a gran parte da colectividade cristiá.
O motivo de tamaño escándalo foi a súa publicación na "Historia de Galicia" cando o autor se pregunta:
P- ¿Qué es Dios?
R- Dios es todo espíritu en una sola entidad sin igual y sin mayor, increada y creadora, infinita y eterna, en fin, omnipotente.
P- ¿Dónde está Dios?
R- Dios se halla en todas partes; siempre fue, siempre es y siempre será, aunque todo se aniquile.
P- Entonces, ¿qué es Dios para nosotros?
R- Dios es la Divinidad Tiempo. La entidad Tiempo no tuvo, no tiene, ni tendrá edad. El Tiempo Omnipotente.
Lendo isto, unha persoa formula unha denuncia diante do bispo da diocese de Mondoñedo, chamado Ponciano de Arciniega (1847-1861), pensamos que ao denunciante lle parecía que Vicetto principiaba unha nova doutrina relixioso-filosófica e diante desta afirmación o bispo Ponciano, en xaneiro do 1867, escríbelle unha carta a Vicetto propoñéndolle que recollese a edición da "Historia de Galicia" e que reformase o capítulo no que isto aparecía. Diante de tales feitos, Vicetto non acepta o que lle di o bispo, sentindo que esta carta é unha interferencia que chega a indignalo debido ao feito de que el sempre foi e actuou como cristián e os seus tratamentos literarios sobre a relixión sempre foron impecábeis, por iso publica no xornal "El Diario Ferrolano" a carta que lle remitiu o bispo de Mondoñedo.
A raíz da publicación hai dúas formas de entender os feitos: uns a favor de Vicetto e outros a favor do bispo, incriminando a Vicetto como sacrílego e case como inspirador dunha teoría herética, feito que leva ao bispo de Mondoñedo a escribirlle de novo a Vicetto para que se retracte a cerca do escrito, e o mesmo Vicetto négase a facelo, motivo que lle leva ao Gobernador Civil da Coruña a proceder á suspensión da publicación de Don Benito e á recolleita dos exemplares que puidese ter o editor chamado Nicario Taxonera..
Diante de tal feito e sentíndose moi prexudicado, Vicetto e o seu editor deciden solicitarlle audiencia ao arcebispo de Santiago para explicarlle a situación, mais non ten efecto porque lle volve a exixir que se retracte porque:
- Si su Dios es el Tiempo, yo escupo a ese Dios.
E contesta Vicetto:
- Pues bien; al Dios Tiempo apelo, para que se me haga justicia...
O autor sae indignado e aquela mesma noite, xunto ao editor, saen para Madrid, pero en todos os sitios tropezaban cos seus intentos de seguir coa publicación. Non podendo facer nada para continuar coa publicación da "Historia de Galicia" regresan á Coruña desanimados. O autor fixa a súa residencia en Ferrol onde escribe a novela "Las tres fases del amor", que tamén se retira por orde gobernativa acusada de desmesurado e exótico naturalismo.
Despois de morto Vicetto en 1885, sete anos despois, vai escribir Murguía, con certa xenreira, o seguinte:
"La Historia de Galicia (obra de Vicetto), es una prueba de la decadencia intelectual de Vicetto, no suma ni nada importa para el conocimiento de nuestro pasado, es triste y penosa, como no debe hablarse siquiera de su famosa Teoría del Tiempo".
A última edición da Historia de Galicia farase en Montevideo en 1880, dous anos despois de morto Vicetto e celebrarase unha velada no Centro Galego de Buenos Aires en honor a este escritor que soubo levar e defender o rexionalismo literario ata pouco antes da súa morte.
Fotografía extraída de Wikipedia.
Bibliografía:
LÓPEZ DE SERANTES (1978).- Benito Vicetto iñorado. Editorial Alvarellos. Lugo.
MURGUÍA, Manuel (1940).- Los Precursores. Emecé. Buenos Aires.