Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A calor da lareira (7)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 19 de junio de 2026
A lareira tamén funcionou de paristallo, maiormente nas invernías.

Os presebes daban á cociña, daquela coma onte, así que...; pero a diferencia estaba en que a nai do Fillo de Deus era, e seguía sendo, Virxe.

As circunstancias mandan. Nas nosas casiñas todo o útil, o necesario, estaba ao alcance da man, así que a parteira usaba delas como quirófano: toda clase de utensilios, discreción e illamento, pois ao resto da familia botábano pola eira arriba; e logo auga quente, panos limpos... O barrelo, esperando, xunto da lareira; e por cama un feixe de herba seca ou de pallas, recuberto cunha boa manta, lá tecida con liño, séxase, colcha.

Nada máis saír á luz, ¡á do sol aínda non, pero á do lume, si!, con auga fresquiña da sella, ¡auga de socorro!, unha especie de vacina para que non lle pasase ao neno nada malo en tanto os padriños non o levasen á igrexa parroquial. Presidindo a cerimonia, o ritual, o crucifixo da campá dos fumes. ¡Aquilo si que era un nacer católico, unha devoción mariana, un facer apostolado!

¡Ah, si; o embigo, o cordón umbilical? Daquela aínda non os utilizaban os médicos para facer ensaios, pero téñenme dito que nalgunhas casas, despois da atume, gardaban o sobrante nun pucheiriño de barro, ¡tal que se fose unha reliquia anxelical!
-.-

Levábanlle a cesta... ¿Non sería unha forma de paga-la entrada para verlle a cría á parida?

Iso de leva-lo cesto tamén era un rito, unha canonización da muller: ¡Xa era nai, xa era dona; agora, si!

(Digámolo entre parénteses: Como as cestas eran moitas, moitas e variadas, nunca faltou unha cuñada, ou unha veciña, que levase á feira os sobrantes, ¡para convertelos en chocolate!, que era o único que non ía de obsequio, porque había que compralo e andaba caro, xunto coa augardente, pois os pais, os varóns, nunca cesta recibiron).

No meu caso -contáronmo- aos poucos días do meu nacemento pariu unha nena unha veciña de Maxide, e como lle tardaron en baixar os costros á nai, mandáronlle recado á miña, por se podía e quería darlle unhas mamadiñas á recén. Seica o fixo, encantada, e tempo adiante, cando empecei a ir á escola, díxome miña nai: -De mozo, non te tente o demo falarlle a esa nena (á de marras), pois non podes casar con ela, ¡que sodes irmáns..., polo leite que lle din a mamar!

A presentación no templo, aquí chamada "acollerse á Misa". Uns quince días despois, A calor da lareira (7) despois de bautizada a criatura, para que a nai puidese aguanta-la no colo, mentres comungaba en acción de gracias. Como daquela escaseaban os fotógrafos, todo isto só puidemos sabelo polos relatos das nosas lareiras.

-.-

¿Que; as lareiras eran, ou non eran, templos auténticos; aínda que sen bendicir, benditos? Coa avoíña de mestra.


A avoíña, ¡a primeira das mestras!, comezou ensinándonos a persignarnos, e despois pasou ao Catón, concluíndo no Catecismo, que o sabía tan ben como facer xerseis; pero non todas, pois algunha delas de contar polos dedos non pasara.

A maioría das avoíñas eran analfabetas, pero o que sabían sabíano ben, e logo que nolo transmitían apaixonadamente, tal que se nos ensinasen a contrasinal desa caixa forte á que chamamos Ceo. ¿Máis analfabetas que analfabetos? ¡As mulleres non tiñan que face-lo servicio militar, e tamén poucas emigraban!

¿Que había nenos desafortunados? ¡Si, en efecto, todos aqueles que non chegaron a coñecer aos avós! Avós tiñámolos todos, pero, por exemplo, os fillos dos emigrantes criábanse nesas inmensidades de América, cos avós a miles de leguas; e para maior desgracia só se facían fotos os ricos. ¡O prezo da prata, que sempre foi cara!
Nalgunhas zonas, particularmente no circundo de igrexas e de mosteiros con inquedanzas pedagóxicas, ata mediados do XX abundaron os mestres "de a ferrado", pero a gran eclosión docente veunos, tivémola, coa II República, que creou escolas a fuchicón. Pero durou pouco pois deseguida se decataron os caciques do estorbo que iso lles representaba, e con Franco do seu lado abundaron as depuracións, e incluso os fusilamentos. Caso flagrante foi o do mestre Arximiro Rico Trabada, fusilado na serra da Ferradura, que incluso lle cortaron os testículos, para máis asañamento.
A calor da lareira (7)
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES